Congreso: 1st EUROYoung Workshop - Sevilla

2 de maio de 2019 – 3 de maio de 2019 
Sevilla, España 
Descrición: EUROYoung naceu en 2018 coma unha iniciativa patrocinada pola European Association of Operational Research Societies, EURO. EUROYoung dedicase á organización de eventos científicos para a difusión e docencia da Investigación de Operacións entre os investigadores novos. Entre outros obxectivos da sociedade, inclúense favorecer a colaboración entre estudantes e xoves investigadores, proporcionar ferramentas que axuden ao avance da carreira profesional dos investigadores, promover a colaboración entre os investigadores sénior e júnior, axudando a crear redes para o seu progreso, ademais de favorecer o acceso ao mercado de traballo na academia e na industria. 
Características:

  • Inscrición de balde.
  • Aloxamento gratis para os primeiros 48 inscritos.
  • Comidas de balde.
  • Programa de actividades sociais.
  • Charlas invitadas a cargo de Ana Viana (Universidade de Porto) e de Federico Perea (Universidad Politécnica de Valencia).
  • As presentacións orais dos investigadores levaranse a cabo nun ambiente xoven, relaxado e colaborativo.
  • Inclúense sesións tutoriais para a aprendizaxe de técnicas e ferramentas útiles en investigación de Operacións.
  • Oportunidades de ampliar contactos cos investigadores sénior e júnior.

Máis información en: https://euroyoung.github.io/workshop19.html 

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates