3a Escola Internacional de Verán sobre Intelixencia Artificial: do Deep Learning á análise de datos (AI- DLDA) 2020

29 de xuño - 3 de xullo de 2020
AI-DLDA 2020 é unha escola internacional de verán para mozos investigadores e doutorandos co obxectivo principal de actualizar a formación dos participantes acerca dos avances máis recentes na área de Intelixencia Artificial, que van desde a aprendizaxe profunda ata a análise de datos. Esta escola ofrecerá unha análise en profundidade da investigación de vangarda e cubrirá un amplo espectro de actividades de investigación actuais e aplicacións industriais relacionadas co Big Data, visión por computadora, interacción humano-computadora, informática biomédica, aprendizaxe profunda e xogos. 
A escola organizarase en cinco días de ensino en liña con conferencias maxistrais a cardo da academia e da industria (durante a mañá) e sesións de laboratorio (durante a tarde), ademais dunha mesa redonda. O último día tamén está reservado para o exame final para aqueles que necesitan recoñecemento de créditos. 
A AI- DLDA 2020 será unha experiencia de aprendizaxe virtual e remota. 
Rexistro: debe facerse a través de http://www.aidlda.it 
Data límite de solicitude: 15 de xuño de 2020. 

Máis información:

  • Web: http://www.aidlda.it
  • Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Organizado por: Universidade de Udine, Italia / IP4 FVG, Italia / DiTeDi, Udine

 

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates