163 European Study Group with Industry (ESGI)

O 163 ESGI - European Study Group with Industry-, organizado de forma conxunta entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española Matemática - Industria (math-in), terá lugar do 12 ao 16 de Xullo de 2021 en formato On-Line. Os ESGI constitúen un foro para que científicos industriais e investigadores matemáticos traballen de maneira conxunta en problemas de interese para a industria. O 163 ESGI, que reunirá a especialistas das ramas de Matemática Aplicada e Estatística e Investigación Operativa, ten como obxectivo o fomento da transferencia Matemática cara á Industria buscando activamente proxectos de investigación e desenvolvemento onde a Matemática teña unha especial relevancia. Debido á pandemia de coronavirus (COVID-19), o evento será completamente on-line. Toda a información relativa ao evento actualizarase continuamente na páxina web do mesmo: http://www.math-in.net/163esgi/ A asistencia é gratuíta na Modalidade Básica, pero é necesario rexistrarse previamente. A data límite de inscrición será o 31 de maio de 2021. O 163 ESGI conta co cofinanciamento do Ministerio de Ciencia Innovación e Universidades - Axencia Estatal de Investigación (AEI), a través da acción de dinamización "Redes de Investigación", convocatoria 2018, Rede estratéxica de Matemáticas (REM) (REDE2018-102350-E) e a Rede temática RTmath in (REDE2018-102514-T) e do proxecto ROMSOC (Reduced Order Modelling, Simulation and Optimization of coupled System), financiado dentro do Programa Marco de Investigación e Innovación Horizonte 2020 da Unión Europea, en virtude do acordo de subvención Marie-Skłodowska-Curie nº 65374. O idioma oficial do evento será o inglés.

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates