O prazo de envío de resumos remata o próximo 27 de setembro de 2026.
O workshop celebrarase os días 4 e 5 de decembro de 2026 no ISEG – Lisbon School of Economics and Management, Universidade de Lisboa, e organízase con motivo do 70.º aniversario do profesor Wenceslao González Manteiga.
O programa científico incluirá sesións plenarias, comunicacións orais, sesións de pósteres, un minicurso e a concesión dos Best Poster Awards. O obxectivo é reunir investigadores de diferentes áreas da Estatística e das súas aplicacións, favorecendo o intercambio de resultados e o establecemento de novas colaboracións científicas.
As presentacións poderán realizarse en portugués, galego, castelán ou inglés, e cada participante poderá escoller a lingua que prefira. Unicamente solicitamos que as diapositivas (slides) se preparen en inglés, co fin de facilitar o seu seguimento por parte de todas as persoas participantes.
As persoas participantes no WSA 2026 terán tamén a posibilidade de enviar artigos científicos completos para a súa eventual publicación en números especiais de dúas revistas internacionais:
- Computational Statistics
Editores convidados: Nuno M. Brites, Rita Gaio e Manuel Febrero-Bande - Journal of Applied Statistics
Editores convidados: Nuno M. Brites, Rita Gaio, Carlos Tenreiro e Milan Stehlík
O envío de artigos aos números especiais será independente do envío dos resumos ao workshop. Non se trata, polo tanto, da publicación dos resumos, senón da posibilidade de que as persoas participantes envíen traballos científicos completos relacionados cos temas do evento. Todos os artigos estarán suxeitos ao proceso ordinario de revisión por pares das respectivas revistas.
Datas importantes
- Prazo para o envío de resumos: 27 de setembro de 2026
- Inscrición: do 15 de setembro ao 30 de outubro de 2026
- Workshop: 4 e 5 de decembro de 2026
Toda a información sobre o programa científico, os relatores plenarios, os comités, o envío de resumos, a inscrición e as oportunidades de publicación está dispoñible en:

