ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Outros premios
II premio SGAPEIO á Innovación Pedagóxica
No ano 2002, A SGAPEIO, dentro do seu labor de promoción da estatística e da investigación de operacións, acordou convocar un premio á actividade cotián dos profesores e alumnos en secundaria, e estableceu o II Premio SGAPEIO á Innovación Pedagóxica en Centros de Educación Secundaria.
BASES | XURADO | TRABALLO GAÑADOR
BASES |
1. O obxecto do certame será a presentación de traballos orixinais sobre o desenvolvemento de alomenos unha unidade temática da Estatística ou da Investigación de Operacións na Ensinanza Secundaria.
2. Valorarase que o traballo teña sido aplicado con éxito durante o curso 2001-2002.
3. O importe do premio para o curso 2001-2002 será de 1.800 euros.
4. Poderán concursar neste certame persoas individuais e equipos, podendo presentar cada un deles un único proxecto ó concurso.
5. Os autores deberán presentar unha memoria, por quintuplicado, redactada en galego ou en castelán. Dita memoria deberá estar mecanografiada a doble espacio, en tamaño DIN-A4, usando algún dos procesadores Word, Scientific Word ou LaTeX. Tamén deberá entregarse unha copia da memoria en soporte informático, podendo acompañarse, así mesmo, material audiovisual (vídeos, diapositivas, etc.). Na portada dos traballos constará claramente o título e mais o nome dos autores.
6. Xunto coa memoria, os autores deberán remitir copia dos DNI e máis un curriculum resumido (non máis de dúas páxinas por autor).
7. O prazo de presentación de traballos comprenderá dende o 1 de xuño ata o 30 de xuño do 2002.
8. Os traballos deberán remitirse por correo certificado ó domicilio social da SGAPEIO:
SGAPEIO
Departamento de Estatística e I.O.
Facultade de Matemáticas
15706 Santiago de Compostela
Teléfono: 670 48 60 30
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
http://eio.usc.es/pub/sgapeio.html
9. A proposta do Consello Executivo, o Presidente da SGAPEIO nomeará o Xurado encargado da resolución do premio. Dito Xurado constará de cinco membros e estará presidido polo Presidente da SGAPEIO.
10. O Xurado emitirá o fallo do premio e terá a facultade de interpretar as bases da convocatoria.
11. O fallo do Xurado será inapelable e farase público xunto coa convocatoria da Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2002.
12. O Xurado poderá declarar deserto o premio. Tamén poderá otorgar o premio a máis dun proxecto, repartíndose a contía do mesmo entre os premiados.
13. Os gañadores do premio presentarán, no marco dos actos programados con motivo da celebración da devandita Asemblea Xeral, os traballos premiados.
14. Os traballos premiados serán propiedade da SGAPEIO.
15. Os traballos non premiados poderán ser retirados polos seus autores no prazo de seis meses desde a publicación do fallo. De non facelo así, os traballos serán propiedade da SGAPEIO.
16. A participación neste premio supón a aceptación destas bases.
XURADO |
Presidente: Dna Carmen María Cadarso Suárez (Presidenta da SGAPEIO e Profesora Titular de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela)
Secretario: D. Miguel Angel Rodríguez-Gigirey Pérez (Profesor de ensino secundario do IES Illa de Sarón de Xove),
Vocais:
D. Enrique Vidal Costa (Catedrático de Escuela Universitaria. Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra, Universidade de Vigo),
D. Manuel Antonio Presedo Quindimil (Profesor Titular de Estatística e Investigación Operativa da Universidade da Coruña), e
D. Carlos Fernández Rodríguez (Profesor de ensino secundario do IES Curtis)
TRABALLO GAÑADOR |
Título: “Actividades de grupo para comprender a realidade”
Autor: D. Xosé Enrique Pujales Martínez