ÚLTIMAS NOVAS
- Novas da SGAPEIO, 17 de marzo de 2025
- Contrato de persoal investigador predoctoral en formación na Universidade de Vigo (antigas FPI)
- Workshop científico Statistical models specification under a kernel-based approach
- Avances Recentes en Modelos M-Cuantil para a Estimación en Áreas Pequenas
- Convocatorias abertas de financiación estatal e autonómica
Acceso socios
Outros premios
Premio Investigador Novo 2020 convocado pola Sociedade Bernoulli
Descrición: A Sociedade Bernoulli anima a participar no envío de solicitudes correspondentes ao "Bernoulli Society New Researcher Award 2020". Cada premiado dictará unha charla dentro da sesión especial invitada correspondente ao World Congress in Probability and Statistics 2020, ademais de recibir un financiamento de ata 1000 € para compensar gastos de viaxe e dietas. Bernoulli News publicará un apartado especial sobre o seu traballo.
Requisitos: Os candidatos subvencionables serán investigadores activos no eido da Teoría da Probabilidade que obtiveran o título de doutor en ou despois do 1 de xaneiro de 2014 e que sexan membros da Sociedade Bernoulli. As mulleres candidatas obterán 1 ano extra nos requisitos correspondentes á data consecución do título de doutoramento por cada fillo nacido a partir da data de defensa.
Solicitudes: Os candidatos deberán enviar as súas solicitudes a través do formulario web https://goo.gl/forms/v8zDJaFUKj5IGEG73 e enviar os documentos necesarios ao enderezo de correo electrónico indicado.
Prazo: 15 de marzo de 2019.
Máis información: http://bernoulli-society.org/index.php/prizes/267-bernoulli-society-new-researcher-award