ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Outros premios
Quinta edición dos Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles
Descrición: A Fundación BBVA e a Real Sociedad Matemática Española (RSME) colaboran na convocatoria e adxudicación da quinta edición dos Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles. Os premios levan o nome de quen foi profesor das universidades de Valencia, Illes Balears e Pompeu Fabra, en recordo da súa figura científica e humana. Nesta convocatoria concederanse seis premios, cada un cunha dotación bruta de 2.000 euros, e todos eles na modalidade de Investigación Matemática. Os Premios están dirixidos a investigadores en matemáticas de nacionalidade española, ou doutra nacionalidade que realizasen o seu traballo de investigación nunha universidade ou centro científico de España, que sexan menores de 30 anos ao 31 de decembro de 2018 e por tanto nacesen nos anos 1989 ou seguintes (salvo o disposto no Art. 2 da convocatoria). Sen excluír ningunha rama temática que se considere pertinente dentro do rango da investigación matemática á que se refiren os premios, considéranse incluídas as seguintes: combinatoria, optimización, estatística, teoría da información, lóxica, teoría de números, álxebra, xeometría alxebraica, topoloxía, xeometría, teoría de representacións, análises, sistemas dinámicos, ecuacións en derivadas parciais, modelización e simulación, computación e aproximación, física matemática, matemáticas da vida e da terra, matemáticas económicas e sociais.
Toda a documentación necesaria relativa aos premios será enviada a través da dirección electrónica Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. á Secretaría da Real Sociedad Matemática Española, ata as 14:00 horas (hora peninsular) do xoves 28 de febreiro de 2019.
Máis información: https://www.fbbva.es/premios/premios-investigacion-matematica-vicent-caselles-2019/