ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Outros premios
Premios para traballos fin de mestrado e teses de doutoramento do CTMI 2019
Descrición: A Rede española de Matemáticas para a Industria (math-in) comprácese en anunciar a primeira edición dos premios math-in para distinguir a traballos fin de mestrado e teses de doutoramento de calidade excepcional no eido das matemáticas aplicadas á industria, tamén chamado Matemática Industrial. Estes premios concederanse no marco do Congreso de Tranferencia entre as Matemáticas e a Industria (Conference on Transfer Between Mathematics and Industry, CTMI 2019), que terá lugar en Santiago de Compostela, España, entre o 22 e o 24 de xullo do 2019.
Estes premios (dous na modalidade de tese de doutoramento e dous para traballos fin de mestrado) recoñecerán as contribucións dos candidatos que destaquen segundo os criterios de novidade do proxecto, tecnoloxía xerada no seu traballo, desenvolvemento e uso de ferramentas matemáticas novas, ademais dos posibles beneficios obtidos pola empresa.
Candidatos: Poderá participar toda persoa que presentara o seu traballo fin de mestrado ou a súa tese de doutoramento relacionada cona Matemática Industrial en calquera centro universitario ou organización investigadora da Unión Europea, nos anos 2017 ou 2018.
Solicitudes: Os candidatos para o premio teñen que incluír nas súas solicitudes os documentos seguintes:
- Unha copia da tese de doutoramento ou do traballo fin de mestrado.
- Certificado de obtención do título de doutor ou mestrado.
- Un resumo da contribución do candidato á transferencia entre as matemáticas e a industria, xustificando a solicitude (doas páxinas como máximo). Neste resumo, o candidato tería que salientar a novidade do proxecto, a tecnoloxía que se xerou, as novas ferramentas matemáticas que foron desenvolvidas e utilizadas e os beneficios que se aportaron á empresa.
- Carta da empresa que mencione os beneficios obtidos.
- Carta do Director de tese ou traballo que aprobe a súa postulación aos premios.
- CV do candidato.
- As solicitudes serán enviadas a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Asunto de correo electrónico: MATH-IN OUTORGA_2019
- A data de peche de solicitudes é o 31 de marzo do 2019.
Contía dos premios: Cada premio inclúe un Certificado, un premio monetario (a determinar), e o custo da inscrición no congreso para cada premiado.
Presentacións de premios: Os traballos gañadores se presentarán no "Minisymposium IV: PhD & MSc Prizes" do CTMI 2019.
Máis información: http://www.itmati.com/ctmi2019/awards-submission