Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles

A Fundación BBVA e a Real Sociedade Matemática Española (RSME) colaboran na convocatoria e adxudicación da sétima edición dos Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles. Os premios levan o nome de quen foi profesor das universidades de Valencia, Illas Baleares e Pompeu Fabra, en recordo da súa figura científica e humana.

Nesta convocatoria concederase un máximo de seis premios, cada un coa dotación bruta de 2.000 euros, todos eles na modalidade de Investigación Matemática.

Os premios están dirixidos a investigadores en matemáticas de nacionalidade española, ou doutra nacionalidade que realizasen o seu traballo de investigación nunha universidade ou centro científico de España, que sexan menores de 30 anos ao 31 de decembro de 2020 e por tanto nacesen nos anos 1991 ou seguintes.

Sen excluír ningunha rama temática que se considere pertinente dentro do rango da investigación matemática á que se refiren os premios, considéranse incluídas as seguintes: combinatoria, optimización, estatística, teoría da información, lóxica, teoría de números, álxebra, xeometría algebraica, topoloxía, xeometría, teoría de representacións, análise, sistemas dinámicos, ecuacións en derivadas parciais, modelización e simulación, computación e aproximación, física matemática, matemáticas da vida e da Terra, matemáticas económicas e sociais.
O prazo de presentación de candidaturas, a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. da Secretaría da Real Sociedade Matemática Española, finaliza ás 14:00 horas (hora peninsular) do luns 1 de marzo de 2021.
Máis información: https://www.fbbva.es/premios/premios-investigacion-matematica-vicent-caselles-2021/

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates