ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Outros premios
X Edición do Concurso Explícoche Matemáticas 2.0
Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa décima edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.
O obxecto de Explícoche Matemáticas 2.0 son vídeos nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, cunha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos, vehiculados en galego e utilizando calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.
O prazo para presentar os vídeos está aberto ata o 31 de marzo de 2022. Hai dous premios de 200 euros: un, para a categoría bacharelato-ESO-FP e outro para a categoría Universidade.
Máis información:
https://www.usc.gal/gl/servizos/snl//dinamizacion/explicochematematicas.html