EUROS E COINS

A moeda do recentemente creado país de Tabarnia é o “Tabarnia coin”. Un coin vale hoxe exactamente un euro, pero dentro dun ano, tendo en conta a evolución previsible, valerá ou ben dous euros (escenario A) ou ben medio euro (escenario B) con igual probabilidade. Os tabarneses, tradicionalmente aforradores e mirados en cuestións monetarias, dubidan na estratexia a seguir: E mellor conservar os coins, ou cambialos agora por euros en previsión do que virá?

Aqueles que teñen coins poden calcular doadamente o seu valor esperado en euros dentro dun ano:

E[C] = 2E x 1/2 + 0,5E x 1/2 = 2x1/2 + 0,5x1/2 = 1,25 euros

É mellor gardar os coins que cambialos por euros.

Mais algúns tabarneses teñen euros que, loxicamente dentro dun ano, poderán cambiar pola metade ou o dobre de coins con igual probabilidade, e o valor esperado dun euro é polo tanto:

E[E] = 2C x 1/2 + 0,5C x 1/2 = 2x1/2 + 0,5x1/2 = 1,25 coins

É mellor gardar os euros que cambialos por coins.
Que está a pasar? Non pode ser mellor ao mesmo tempo cambiar os euros a coins e cambiar os coins a euros. En Tabarnia xa non funciona a estatística?

Solución

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates