ÚLTIMAS NOVAS
- FASE NACIONAL | XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
- Gañadores XII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos
- Pasamento da profesora Carmen Cadarso
- Finalistas e mencións do XII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos
- Praza de Profesor Axudante na Universidad Complutense de Madrid
Acceso socios
Recreo Estatístico
A caixa de pílulas
Pilar ten unha caixa con 15 pílulas para o colesterol e, durante todo o mes, ten que tomar media pílula cada noite. Sempre colle ao chou, sen mirar: se sae unha pílula enteira, colle a metade e devolve á caixa a outra metade, e, se sae media pílula (con igual probabilidade que a pílula enteira), tómaa e non devolve nada á caixa.
Cantas medias pílulas é de esperar que queden na caixa o día que colle a derradeira pílula enteira?