ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Recreo Estatístico
A proba PCR
Xurxo volve a casa do seu traballo diario na cadea de montaxe dunha fábrica de automóbiles, moi preocupado. A súa muller Carmiña, enfermeira nun centro de saúde, pregúntalle alarmada que pasou. “Fixeron un cribado a todo o persoal da empresa e dei positivo na PCR”.
Eu non me preocuparía moito, o máis probable é que non teñas a enfermidade.
Pero ti toleaches ou que? Dei positivo. Teño a Covid!
Eu apostaría dez a un a que non a tes.
Xurxo parece ter motivos para preocuparse, pero por que é tan optimista Carmiña? Ten algún fundamento a súa aposta? Sabemos que as probas diagnósticas non son seguras o cen por cen, de feito, a PCR ten unha sensibilidade (proporción de enfermos que son diagnosticados como enfermos) do 90% aproximadamente, e unha especificidade (proporción de sans que son diagnosticados como sans) tamén do 90% segundo os estudos publicados.