Cinco matrimonios manteñen o costume de xuntarse de cando en vez para cear. Un dos asistentes a estas xuntanzas é Amancio. Cando estas persoas chegan ó restaurante, como é normal, moitos deles danse a man; pero non todos, por exemplo os cónxuxes veñen xuntos e non se dan a man, e outros tampouco se dan a man por diferentes motivos. Unha vez que estaban todos sentados a carón da mesa, a Amancio ocúrreselle preguntar ás outras nove persoas a cantas das persoas da mesa lle deran a man ó chegar ó restaurante, comprobando que todas elas responden un número distinto. Con esta información, ¿a cantas persoas lle deu a man a muller de Amancio?. E ¿a cantas o propio Amancio?
Recreo Estatístico
Amancio, a súa muller e outros catro matrimonios
- Detalles
- Escrito por José Mª Alonso Meijide, José Manuel Colmenero Álvarez (Universidade de Santiago)
- Categoría: Recreo Estatístico

