ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Publicouse a versión 3.1 de BioStatFLOSS
A Dirección Xeral de Saúde Pública acaba de publicar a versión 3.1 de BioStatFLOSS, recopilación de software para Windows. Trátase dunha "colección" de programas de utilidade para a realización de estudos estatísticos en xeral (e bioestatísticos/epidemiolóxicos en particular). A principal característica destes programas é que son versións portables (non é necesario instalalas), independentes unhas de outras e cun lanzador común para facilitar a tarefa de executalas.
As principais novidades de BioStatFLOSS 3.1 son
- Actualización de Epidat á versión 4.2 (recentemente publicada).
- Actualización de R á versión 3.3.1.
- Inclusión de JASP (en substitución de FreeMat).
BioStatFLOSS pode descargarse da páxina web do proxecto: http://www.sergas.es/Saude-publica/BioStatFLOSS
Unha vez realizada a descarga (no disco duro ou nunha unidade externa de disco ou pendrive), descomprímese o ficheiro e xa está listo para usar. Hai que entrar na carpeta resultante e executar o ficheiro BioStatFLOSS.EXE (que é o "lanzador").


