A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convocan a 9ª edición do Certame nacional de fotografía científica FOTCIENCIA. Este certame ten por obxectivo achegar a ciencia aos cidadáns mediante unha visión artística e estética suxerida a través de imaxes científicas e un comentario escrito do feito científico que ilustran.

As fotografías presentaranse á categoría Micro (obxecto menor ou igual a 1 mm) e/ou Xeral (maior a 1 mm). Nesta edición introduciuse como novidade o apartado "A ciencia no aula", para dirixirse tamén aos estudantes de educación secundaria e formación profesional.

Consultas:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.