Día Europeo da Estatística

Hoxe 20 de outubro celébrase o Día Europeo da Estatística baixo o lema "Estatísticas para un mellor desenvolvemento nun mundo en rápido cambio". 

Este día celebrouse por primeira vez o 20 de ooutubro de 2016 e foi iniciado polo European Statistical Advisory Committee (ESAC) e conta co apoio do Sistema Estatístico Europeo (ESS) e do Sistema Europeo de Bancos Centrais.

A ESAC adoptou a seguinte declaración para o Día Europeo da Estatística durante a súa 40ª reunión o 27 de xuño de 2023, que se pode resumir en que debemos reforzar o papel central das estatísticas oficiais na creación dun mundo máis xusto e sostible.

O luns 23 de outubro, para conmemorar esta data, o Instituto Nacional de Estadística (INE) organiza a sesión "European Statistics Day 2023: Session on Statistical Innovation in the European Statistical System". Nela participará o profesor Ricardo Cao da Universidade da Coruña impartindo a charla "Patnerships for Innovation. Spanish experience".

A sesión pode seguirse de maneira presencial ou ben en remoto, pero é preciso rexistrarse a través do formulario dispoñible na seguinte ligazón: 

https://www.ine.es/actosINE/registration_form_european_statistics_day_2023.pdf 

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates