ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 17 de xullo de 2025
1.- Aberta a inscrición e envío de traballos para o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
O XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións celebrarase do 23 ao 25 de outubro de 2025 na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense (UVigo), organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e a SGAPEIO.
O prazo de inscrición e envío de traballos ábrese o 6 de xullo, con tres tipos de matrícula: súper reducida (ata o 12 de setembro), reducida (ata o 12 de outubro) e normal (a partir do 12 de outubro). As propostas de comunicación poderán presentarse ata o 12 de setembro a través da web do congreso.
A programación inclúe varias xornadas destacadas, como a II Xornada de Innovación Docente (en colaboración con AGAPEMA), a sesión Galicia–Portugal de Biometría e unha xornada sobre Estatística na Agricultura e o Medioambiente. A conferencia plenaria será impartida pola profesora e divulgadora Anabel Forte.
Tamén están convocados o premio á mellor comunicación de investigador/a novo/a (500 €) e o concurso de pósteres do Máster en Técnicas Estatísticas (MTE).
Máis información: http://xviicongreso.sgapeio.es, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
2.- A estatística galega triunfa nos premios AVATAR 2025
O talento galego volveu destacar a nivel estatal na fase nacional do concurso AVATAR 2025, Descubriendo la Estadística en el País de los Datos, organizado pola SEIO. Galicia colleitou tres significativos recoñecementos, un en cada categoría: dúas distincións como traballos gañadores e unha mención de honra. Un verdadeiro éxito que amosa saúde da estatística galega. Parabéns a todos os premiados, aos estudantes, aos titores, a todas as rapazas e rapaces que vos presentastes a este inspirador concurso, desde a fase galega á nacional.
- Na categoría A (1º e 2º de ESO), o IES de Cacheiras acadou un dos dous premios nacionais polo proxecto “Contad con nosotros”, desenvolvido por Anxo Amigo, Martiño Amigo, Juan Ferreirós e Brais Suárez, e coordinado por Trini Pazos e Ana María Rodríguez.
- Na categoría B (3º e 4º de ESO e FP Básica), Alba Lorenzo García, do IES de Vilalonga e a Aula Hospitalaria CHUS, recibiu unha mención de honra polo proxecto “OncoVida. Números que cuentan historias”, baixo a titoría de María Teresa Rey.
- Na categoría C (Bacharelato e ciclos de grao medio), o Colexio Divina Pastora – Franciscanas de Ourense foi recoñecido como traballo gañador ex-aequo co estudo “El lado oscuro de la miel”, realizado por Laura González, Samuel Sánchez, Samuel González e Pablo Ramos, co apoio das docentes Pilar Fernández e Pilar Rodríguez.
Desde a SGAPEIO celebramos con grande orgullo estes logros e, por suposto, felicitamos aos equipos premiados, aos seus titores e aos seus centros e docentes.
Máis información: https://avatar.seio.es/wp-content/uploads/2025/06/2025_Acta_premios_incubadora_signed-MH_TG_signed.pdf
3.- A estatística galega segue a medrar na XV Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O pasado 6 de xuño de 2025 celebrouse a fase final da convocatoria galega do XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, unha verdadeira mostra de talento, creatividade e bo facer do alumnado galego. Promovido e organizado pola SGAPEIO, coa axuda inestimable da Xunta, CITMAga, IGE, a Facultade de Matemáticas da USC e de empresas patrocinadoras, o certame reuniu traballos de altísima calidade en todos os niveis educativos, realizados con entusiasmo e rigor por estudantes de secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
O xurado seleccionou os seguintes traballos para representar Galicia na fase estatal:
- “Contade con nós” (1º–2º ESO), do IES de Cacheiras (Teo), con Anxo Amigo, Martiño Amigo, Juan Ferreirós e Brais Suárez, titorizados por Trinidad Pazos e Ana María Rodríguez.
- “Oncovida. Números que contan historias” (3º–4º ESO), de Alba Lorenzo García, da Aula Hospitalaria CHUS (Santiago de Compostela), titorizada por María Teresa Rey.
- “El lado oscuro de la miel” (Bacharelato e ciclos), do CPR Divina Pastora Franciscanas (Ourense), elaborado por Laura González, Samuel González, Pablo Ramos e Samuel Sánchez, con Pilar Fernández Corbal como titora.
Desde a SGAPEIO queremos expresar o noso máis profundo agradecemento ao comité organizador, aos avaliadores externos, ao xurado e, moi especialmente, ás titoras e titores, pola súa inspiradora labor. Pero por riba de todo, grazas infinitas a todas e todos os estudantes participantes, por encher esta edición de ilusión, traballo ben feito e paixón pola estatística. Sodes un exemplo motivador e un orgullo para toda a comunidade educativa galega.
Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/listado-novas/3698-ganadores-xv-concurso-da-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos
4.- María José Ginzo participa no podcast Chalupices com Estatística
A nosa compañeira María José Ginzo, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e membro activa da SGAPEIO, foi convidada recentemente ao episodio nº 9 do podcast portugués Chalupices com Estatística, presentado por Nuno Sepulveda. Neste episodio titulado “Un reencontro entre Portugal e a Galiza”, María reflexiona sobre as conexións históricas e científicas entre as comunidades estatísticas galega e portuguesa, a importancia das linguas propias na ciencia, e o papel das sociedades como a SGAPEIO. Tamén compartiu a súa experiencia en consultaría estatística e na docencia, subliñando o valor de escoitar para responder con precisión ás necesidades reais mediante a análise de datos. Para rematar, narra unha divertida anécdota estatística relacionada... ¡con queixos!
Máis información: https://www.youtube.com/watch?v=NTOuibvbup8
5.- Congreso IMS–ICSDS 2025 en Sevilla e concurso para estudantes
A International Statistical Institute (IMS) celebra a súa conferencia anual International Conference on Statistics and Data Science (ICSDS) en Sevilla do 15 ao 18 de decembro de 2025. O encontro reúne especialistas internacionais en estatística, machine learning e ciencia de datos, con sesións científicas e aplicacións prácticas.
A organización convoca un concurso para estudantes de doutoramento, co obxectivo de premiar os mellores traballos presentados. Os artigos deben enviarse antes do 15 de setembro de 2025.
Máis información: https://sites.google.com/view/ims-icsds2025/
6.- XII Xornada de Usuarios de R en Galicia: Aberto o prazo para o envío de propostas
A XII Xornada de Usuarios de R en Galicia celebrarase o 16 de outubro de 2025 na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. O evento, organizado pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinado pola AMTEGA (Xunta de Galicia), incluirá relatorios sobre temas de actualidade relacionados coa linguaxe estatística R e as súas aplicacións. O seu obxectivo é promover o coñecemento e o uso de R, así como ofrecer un espazo de encontro, intercambio e colaboración para a comunidade galega usuaria desta linguaxe.
A organización mantén aberto o prazo para o envío de propostas de relatorio e obradoiro ata o próximo 21 de setembro.
Máis información: https://www.r-users.gal.
7.- VIII Congreso XoveTIC 2025
O CITIC da Universidade da Coruña organiza o VIII Congreso XoveTIC, que terá lugar os días 9 e 10 de outubro de 2025, dirixido a persoas investigadoras mozas en etapas predoutoral e postdoutoral no ámbito das TIC. O congreso busca promover o intercambio científico e profesional, e os traballos seleccionados serán publicados nun libro de actas.
O prazo de envío de abstracts está aberto ata o 18 de xullo de 2025, mentres que a inscrición poderá realizarse ata o 30 de setembro.
Máis información: https://xovetic.citic.udc.es
8.- Actividades da Secção de Biometria da Sociedade Portuguesa de Estatística
A Secção de Biometria da Sociedade Portuguesa de Estatística (SBio-SPE) continúa promovendo accións científicas e de divulgación que fortalecen os lazos entre comunidades estatísticas lusófonas e galegas. Na súa última actualización, a Secção destaca algunhas das súas próximas actividades máis relevantes:
- XXVII Congreso da SPE (Faro, 22–25 de outubro): Sesión biométrica organizada conxuntamente coa SGAPEIO. Web do congreso: https://spe2025.mozellosite.com/.
- IDWSDS 2025 (14 de outubro): A Secção participará na cuarta edición deste evento internacional promovido polo Caucus for Women in Statistics and Data Science. Máis información: https://www.idwsds.org/
9.- International Workshop on Algorithmic Optimization (Trier, setembro 2025)
Do 23 ao 26 de setembro de 2025 celebrarase na Universidade de Trier (Alemaña) o International Workshop on Algorithmic Optimization, organizado polo grupo de investigación ALOP con motivo do seu noveno e último ano de actividade. O evento reunirá especialistas en optimización algorítmica, programación entera-mixta, ciencia de datos, aprendizaxe automático e EDPs.
O programa incluirá relatorios plenarios (Martine Labbé, Marina Leal, Marianna De Santis, entre outros), comunicacións, sesións de pósters e elevator pitches.
A inscrición está aberta ata o 31 de xullo de 2025 (cuota: 65 €).
Máis información e inscrición: https://alop.uni-trier.de/event/international-workshop-on-algorithmic-optimization/
10.- Simposio en Intelixencia Artificial Verde: Aberto o prazo de envío de traballos
Os días 25 e 26 de novembro de 2025 celebrarase no CITIC da Universidade da Coruña o Simposio en Intelixencia Artificial Verde, organizado pola Cátedra INDITEX–UDC de IA en Algoritmos Verdes. O evento, en modalidade híbrida, está dirixido á comunidade investigadora, empresas e institucións interesadas en abordar os retos da IA desde unha perspectiva sostible.
Está aberto o prazo para o envío de propostas de comunicación oral ou póster (máx. 2 páxinas). As propostas poden presentarse en galego, castelán ou inglés, e deben incluír un resumo de ata 800 caracteres indicando a área temática.
Datas clave:
- Apertura de envío de abstracts: 1 de xullo de 2025
- Data límite para o envío de propostas: 19 de setembro de 2025
- Notificación de aceptación: 10 de outubro de 2025
- Envío do traballo completo: 24 de outubro de 2025
Máis información: https://catedrainditexalgoritmosverdes.com/en/green-artificial-intelligence-symposium/
11.- Aberto o segundo prazo de preinscrición para o curso Experto en Intelixencia Artificial e Algoritmos Verdes e microcredenciais asociadas
Do 14 ao 21 de xullo de 2025 estará aberto o segundo prazo de preinscrición para a 1ª edición do curso Experto en Intelixencia Artificial e Algoritmos Verdes (25 ECTS), así como para as microcredenciais “Algoritmos Verdes para a Intelixencia Artificial: Deseño e Implementación” (setembro-outubro, 6 ECTS) e “Aplicacións Prácticas” (novembro-decembro, 6 ECTS).
Trátase de títulos propios da Universidade da Coruña, organizados pola Cátedra UDC–Inditex de IA en Algoritmos Verdes, cun enfoque práctico e sostible dirixido a profesionais e persoas interesadas na aplicación da IA en contornas reais.
Máis información: https://catedrainditexalgoritmosverdes.com/formacion-catedra/
12.- Medallas de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias 2025
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) convoca as súas Medallas de Investigación 2025, destinadas a recoñecer o liderado e a traxectoria consolidada de científicas e científicos en activo que desenvolvan o seu labor investigador en centros de Galicia. Concederanse cinco medallas, unha por cada unha das seccións da RAGC:
- Medalla “Ángeles Alvariño González”, no ámbito da Bioloxía e Ciencias da Saúde.
- Medalla “Isidro Parga Pondal”, no ámbito das Ciencias Técnicas.
- Medalla “Antonio Casares Rodríguez”, no ámbito da Química e Xeoloxía.
- Medalla “Domingo García-Sabell Rivas”, no ámbito das Ciencias Económicas e Sociais.
- Medalla “Enrique Vidal Abascal”, no ámbito das Matemáticas, Física e Ciencias da Computación.
As propostas poden ser presentadas por:
- Dez ou máis profesores/as ou investigadores/as do ámbito correspondente.
- Departamentos ou institutos de investigación.
- Centros de investigación de Galicia.
O prazo de presentación de candidaturas remata o 12 de setembro de 2025. As propostas deben enviarse por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Máis información: https://www.ragc.gal/gl/medallas-de-investigacion-2/
13.- Aberta a convocatoria da VI edición dos International Zendal Awards
Está aberta a convocatoria da VI edición dos International Zendal Awards, que recoñecen proxectos de investigación no ámbito biomédico e biotecnolóxico con impacto internacional. A iniciativa está impulsada polo grupo Zendal.
Prazo de presentación: ata o 19 de setembro de 2025.
Máis información: https://www.zendal.com/zendal-awards
14.- Premios da Real Academia de Medicina de Galicia 2025
A Real Academia de Medicina de Galicia convoca os seus premios anuais, que inclúen o Premio Fundación Barrié “Pedro Barrié de la Maza” e o Premio Fundación Centro Oncolóxico de Galicia “José Antonio Quiroga y Piñeyro”, destinados a recoñecer a excelencia na investigación médica.
Prazo de presentación: ata o 31 de outubro de 2025.
Máis información: https://www.ramycga.org/premios-convocados-por-la-real-academia-de-medicina-de-galicia-en-el-2025_fb266119.html
15.- Convocatoria 2025 do programa Doutoramentos Industriais (GAIN)
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) publicará o 18 de xullo a convocatoria 2025 do programa Doutoramentos Industriais, que financia a realización de teses doutorais en colaboración entre universidades galegas e empresas ou centros tecnolóxicos. O prazo de solicitude estará aberto do 19 de xullo ao 18 de agosto de 2025. O programa permitirá apoiar ata 15 teses e ofrece financiamento tanto para as entidades solicitantes como para as universidades.
Máis información: http://gain.xunta.gal/artigos/567/doutoramentos+industriais
16.- Dúas prazas de Profesor/a Axudante Doutor/a en Estatística e IO na UCM
A Universidad Complutense de Madrid (UCM) publicou a convocatoria de dúas prazas de Profesor/a Axudante Doutor/a na área de Estatística e Investigación Operativa, para o Departamento de Economía Financeira, Actuarial e Estatística.
As prazas están adscritas ás facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e Comercio e Turismo, coas referencias 080725/PAD/006 e 080725/PAD/010.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 29 de xullo de 2025.
Máis información: https://www.ucm.es/convocatoria-publicada-en-el-bouc-de-8-de-4
17.- Praza de Axudante Doutor na UCM – Estatística e Investigación Operativa
O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Ciencias Matemáticas da Universidad Complutense de Madrid convocou unha praza de Axudante Doutor. O prazo para presentar solicitudes está aberto ata o 30 de xullo de 2025.
A información sobre esta praza concreta (código 080725/PAD/008) irá saíndo na ligazón https://www.ucm.es/convocatorias-pdi/15805-.
Máis información: https://www.ucm.es/convocatoria-publicada-en-el-bouc-de-8-de-4


