Dende a Sociedade Galega de Estatística e Investigación Operativa queremos felicitar á nosa socia Rosa Crujeiras polo seu recente nomeamento como reitora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a súa elección supón un fito histórico, ao converterse na primeira muller en ocupar este cargo na historia da USC.
Para a nosa sociedade é un orgullo contar entre os nosos membros con profesionais que contribúen ao avance do coñecemento, da investigación e da xestión universitaria.
Desexámoslle moitos éxitos nesta nova etapa, seguros de que o seu liderado contribuirá ao fortalecemento da universidade e da comunidade científica.
Parabéns, Rosa!

