ÚLTIMAS NOVAS
- Número 72 de INFORMEST
- Convocatoria 1 praza de profesorado Axudante Doutor na Universidade de Vigo
- Convocatoria 1 praza de profesorado Axudante Doutor na Universidade de Santiago
- Búsqueda de candidatos - Contrato Predoutoral FPI (próxima convocatoria)
- Oferta no Grupo de Investigación en Oncoloxía Traslacional do Hospital Universitario Lucus Augusti (Grupo de Investigación en Oncoloxía Traslacional GIOT-HULA)
Acceso socios
Exposición RSME-Imaginary-Santiago
A exposición itinerante RSME-Imaginary, organizada pola Real Sociedad Matemática Española (RSME) con ocasión do seu centenario en 2011, poderá visitarse en Santiago dende o 15 de marzo ata o 16 de maio de 2013, na Igrexa da Universidade. A SGAPEIO colabora coa organización deste evento.
Trátase dunha exposición visual e interactiva, na que se poden atopar imaxes, pantallas táctiles, esculturas e obxectos de natureza matemática, e vén acompañada por diversas actividades como conferencias divulgativas, concursos e talleres, dirixidos ao público en xeral. RSME-Imaginary-Santiago conta, ademais, cunha exposición fotográfica: “O sabor das Matemáticas”, onde se amosan doce pratos excepcionais creados polo Café de París de Málaga, distinguido cunha estrela Michelín, que o matemático e fotógrafo Pedro Reyes Dueñas reflectiu a través da súa pegada.
O prazo de inscrición para visitas guiadas e titorizadas para grupos de estudantes (alumnado de Bacharelato e dos últimos cursos da ESO, así como de estudantes universitarios) está aberto ata o 12 de marzo ou ata o momento en que todas as datas sexan cubertas.
Máis información: RSME-Imaginary-Santiago


