Con motivo do Ano Internacional da Estatística en 2013, o Instituto Nacional de Estadística (INE) e a Facultad de Estudios Estadísticos (FEE) da Universidad Complutense de Madrid convocan unha Olimpíada Estatística para estudantes de ensino secundario obrigatorio, bacharelato e ciclos formativos de grao medio.
A Olimpíada Consta dunha primeira fase eliminatoria de preguntas de estatística para responder on line, organizadas en tres probas, e unha segunda fase de investigación que consistirá en explotar unha base de datos dada.
Datas importantes:
- 15 de marzo a 8 de abril: inscrición dos equipos.
-
- 6 de maio: último día para completar a proba da segunda fase.
- 17 de maio: publicación dos equipos gañadores.
Máis información: Olimpíada Estatística

