- Orientación académica: obter unha formación avanzada en Estatística e Investigación Operativa, tanto no aspecto teórico como no aplicado.
- Orientación investigadora: capacitar ao estudante para a investigación no ámbito da Estatística e a Investigación Operativa. Dar os primeiros pasos na investigación, que se culminan na elaboración dunha tese de doutoramento.
- Orientación profesional: proporcionar formación sobre á aplicación dos métodos da Estatística e a Investigación Operativa que son valiosos na práctica profesional en múltiples sectores: biosanitario, finanzas, enxeñería, entre outros, así como nas actividades que requiren investigación, para as cales os métodos estatísticos son indispensables.
- O Máster está dirixido a graduados e profesionais interesados en obter formación avanzada en técnicas estatísticas. Ademais, da acceso a un programa de doutorado (tamén interuniversitario) na área de Estatística e Investigación Operativa e, por tanto, diríxese tamén a aquelas persoas interesadas en iniciar unha etapa pre-doutoral.
O título del Máster ofrece a posibilidade de emplearse como profesional da estatística en:
- Empresas do sector financeiro.
- Empresas do ámbito da saúde.
- Administracións públicas.
- Empresas de investigación social.
- Laboratorios de investigación e desenvolvemento.
- En moitas outras actividades profesionais.
Contacto:
Hai un coordinador por cada universidade:
- Balbina Casas Méndez - Coordinador Xeral e da Universidade de Santiago de Compostela (
- Jacobo de Uña Álvarez - Coordinador da Universidade de Vigo (
- Germán Aneiros Pérez - Coordinador da Universidade da Coruña (
Sitio da web: Máster

