Novas da SGAPEIO 29 de abril 2015

1.- Xornada sobre Big Data e Estatística
Lembramos que está aberto a prazo de inscrición na Xornada sobre Big Data e Estatística que organizan a SGAPEIO, o grupo de investigación MODES da Universidade da Coruña (UDC) e a Rede de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC. Esta xornada terá lugar o día 19 de xuño de 2015 na Facultade de Informática da UDC. Data límite de inscrición: 7 de xuño de 2015.
Máis información: http://bigdata.sgapeio.es/

2.- Ciclo de conferencias “Bioestatística para vivir”
A Facultade de Matemáticas, a Facultade de Bioloxía e o Grupo interdisciplinar de Estatística, Computación, Medicina e Bioloxía (GRIDECMB) da USC organizan un ciclo de conferencias cofinanciado pola Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT), no marco do proxecto "Bioestadística para Vivir y Cómo Vivir de la Estadística".
- Ciclo de Conferencias: "Bioestatística para Vivir".
- Data: 6 de maio de 2015.
- Horario: de 16:00 a 19:30.
- Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC (Campus Vida).
Este ciclo de conferencias pretende fomentar e poñer en valor:
- O uso de aproximacións multidisciplinares para, dende un punto de vista estatístico, resolver cuestións en diversas disciplinas: Medicina, Bioloxía ou Medioambente.
- A necesidade de profesionais con perfís transversais a diferentes áreas de coñecemento.
- O diálogo informal entre especialistas de diferentes disciplinas.
Por isto, esta xornada reúne a alumnos da Universidade, profesionais en distintos ámbitos científicos e tecnolóxicos, e en xeral a todas aquelas persoas con interese en coñecer como a estatística pode axudar a resolver cuestións de tipo científico.
Para poder acudir á xornada é preciso formalizar a inscrición online (o prazo finalizará o día 5 de maio de 2015). Ademais, o ciclo de conferencias será retransmitido en directo a través da USC TV. Link de acceso: tv.usc.es/directo2.html.
Máis información: http://icbusc.com/event/ciclo_bioestadistica

3.- I Simposio internacional “Aprendizaxe-servizo na educación superior. Innovación, calidade e institucionalización”
A EGAP, en colaboración coa Rede de Excelencia "Universidade, Innovación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento", pon en marcha o I Simposio internacional "Aprendizaxe-servizo na educación superior. Innovación, calidade e institucionalización" que terá lugar en Santiago de Compostela o 27 de maio de 2015.
Este simposio ten como obxectivos analizar as posibilidades de aprendizaxe-servizo no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), promover o coñecemento e a reflexión en torno ao aprendizaxe-servizo nas Universidades de Galicia, estudar posibles estratexias de incorporación e/ou institucionalización do aprendizaxe-servizo na Educación Superior e coñecer experiencias de aprendizaxe-servizo desenvolvidas ou en desenvolvemento, nas Universidades de Galicia.
Destinatarios: Profesorado das universidades de Galicia, así como persoal en formación (bolseiros FPI, PFU, e bolseiros predoutorais e posdoutorais da Xunta de Galicia) e interesados en xeral.
Lugar: EGAP, Santiago de Compostela.
Data: 27 de maio de 2015.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 8 horas lectivas.
Inscrición: en http://egap.xunta.es/matricula ata as 14 horas do 19 de maio de 2015.
Máis información: http://egap.xunta.es/Documentos/noticias/[1430293339]simposio_gal.pdf

4.- XIV Certame Universitario “Arquímides”
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca o XIV Certame Universitario "Arquímides" 2015 de Introdución á Investigación Científica (BOE nº 95 do 21 de abril de 2015). O obxecto desta convocatoria é a concesión de subvencións públicas coa finalidade de fomentar a combinación da docencia e a investigación nos nosos centros universitarios e favorecer as incorporacións dos novos estudantes ao ámbito investigador outorgando premios a proxectos orixinais de investigación científica e tecnolóxica realizados polos mesmos.
Requisitos: Estar cursando ou ter finalizado estudos de master, grao, licenciatura, enxeñería superior, arquitectura, diplomatura, enxeñería técnica ou arquitectura técnica nalgún dos centros españois nos que se imparten titulacións oficiais, durante o curso 2014-2015, sempre que se trate do primeiro master, grao, licenciatura, enxeñería ou diplomatura cursada.
Presentación de solicitudes: ata o 5 de xuño de 2015.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/04/21/pdfs/BOE-A-2015-4308.pdf

5.- Axudas para realizar estadías no estranxeiro
O Ministerio de Educación, Cultura y Deporte convoca subvencións para o Subprograma de Movilidad dentro do Programa Estatal de Promoción del Talento y su Empleabilidad, en el marco del Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016 en I+D+i (BOE nº 94 do 20 de abril de 2015). Pódense solicitar axudas en dúas modalidades:
a) Modalidade A. Estadías de profesores e investigadores senior en centros estranxeiros, incluído o programa «Salvador de Madariaga» (doutor con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2004).
b) Modalidade B. Estadías de movilidade no estranxeiro «José Castillejo» para doutores novos (doutor a partir do 1 de xaneiro de 2004).
Presentación de solicitudes: ata o 14 de maio de 2015.
Máis información: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-4272

6.- Oferta de bolsa en Adolfo Domínguez
Búscase un bolseiro/a, menor de 30 anos, para a área de Control de Xestión de ADOLFO DOMINGUEZ. A súa función principal será a minería de datos e a elaboración de informes orientados á toma de decisións (explotación de bases de datos, depuración, auditar a calidade da información nos sistemas, transformación e interpretación).
Formación requerida:
- Titulacións de ciencias Empresariais, Económicas, Enxeñerías (preferentemente de Organización), Matemáticas, Informática, Estatística; ou outras titulacións semellantes fundamentalmente numéricas e con interese no funcionamento de negocios.
- Coñecementos de ferramentas de xestión de bases de datos (MYSQL, Oracle ou similares). Valoraranse coñecementos en ferramentas de data mining (SPSS, SAS, …).
- Usuario avanzado de Excel.
- Inglés nivel alto, falado e escrito.
Posibilidade de incorporarse á empresa unha vez finalizado o período de prácticas. Búscase unha persoa interesada en desenvolver unha carreira profesional dentro dunha empresa.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/965-2015-04-23-10-21-49

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates