Novas da SGAPEIO, 29 de febreiro 2016

1.- VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 17 de abril de 2016.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

2.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)
Durante os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo celebraremos en Santiago de Compostela o II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, organizado conxuntamente pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE).
Envía a túa comunicación AQUÍ antes do 30 de marzo para presentala no congreso como comunicación oral ou póster. A decisión sobre a aceptación comunicarase antes do 20 de abril.
Os traballos presentados no congreso poderán optar a ser publicados nun número especial de Spatial Statistics (Spatio-temporal Statistical Methods in Environmental and Biometrical Problems) ou nun número especial de Biometrical Journal (Joint Modelling and Beyond).
Máis información: http://biometria.sgapeio.es

3.- X Feira Matemática 2016
A Feira Matemática, organizada por AGAPEMA, é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ao profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral. O propósito co que se formula esta cita é a de crear un espazo educativo no ámbito matemático.
Este ano celébrase a X edición da Feira Matemática, que terá lugar o sábado 23 de abril de 2016 no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/208

4.- Curso de Estatística avanzada con R para profesionais da saúde
A Universidade de Vigo, en colaboración coa Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, organiza o curso de formación “Estatística avanzada con R para profesionais da saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os titulados do ámbito biosanitario (ou estudantes universitarios de último curso) poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados e membros da Fundación Biomédica).
- Período de matrícula: do 1 ao 28 de marzo de 2016.
- Período de docencia: do 1 de abril ao 15 de maio de 2016.
O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica (análise de supervivencia, deseños de investigación, meta-análise, regresión de Cox, regresión de Poisson, regresión ordinal, regresión loxística multinomial), con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. O curso é eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo.
Este curso está recoñecido polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia coa asignación de 5,3 créditos para todos os profesionais sanitarios titulados.
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/2659

5.- Congreso RSME 2017
O vindeiro congreso bienal da Real Sociedad Matemática Española (RSME) terá lugar do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017 en Zaragoza.
Estará organizado por matemáticos da Universidad de Zaragoza e as actividades desenvolveranse no Campus de San Francisco, en concreto na nova sede da Facultade de Educación contigua á Facultade de Ciencias.
Como en edicións anteriores, está prevista a celebración de sesións especiais, polo que o Comité Científico do congreso invita a todos os interesados en organizar unha sesión a presentar a súa proposta antes do 20 de marzo de 2016.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/1718/91/

6.- 119th European Study Group with Industry
The 119th European Study Group with Industry will take place from June 27th to July 1st 2016 in Porto, Portugal.
This meeting is one of the European Study Groups with Industry and will bring together several academics with a large experience in industrial mathematics to tackle problems that the leading industries are facing.
These events provide the industry with the insights, expertise and input of researchers from different disciplines and with various experiences.
Using mathematical modeling, the participants work collaboratively in addressing the problems posed by the companies and suggesting techniques of their expertise that may lead to a solution and therefore contribute to the technological progress.
Program
The meeting begins on Monday morning, when Industrial Problems are presented by the companies’ representative. This is followed by academic researchers forming brainstorming groups for each problem. During the week, the groups work on each problem. Mathematical models are formulated, analytical and computational techniques applied and recommendations formulated. On Friday morning, problem-solving teams make presentations of their models and results to all participants and companies. Afterwards, each team prepares a short written report of their progress, with special emphasis on enduser applications.
Further information: http://www2.estgf.ipp.pt/esgi/

7.- Estadías de investigación en Chile
A Comisión Nacional de Investigación Científica y Tecnológica de Chile (CONICYT), a través do seu Programa de Atracción e Inserción de Capital Humano Avanzado (PAI) convoca o Concurso de Atracción de Capital Humano Avanzado do Estranxeiro, Modalidade Estadías Cortas (MEC), para o ano 2016.

Este concurso está destinado a financiar estadías de corta duración de científicos/as de excelencia en universidades acreditadas rexionais de Chile, a fin de fortalecer en especial o postgrao e a investigación, en colaboración directa con investigadores/as e estudantes chilenos/as.
As estadías terán unha duración mínima de sesenta (60) días e unha máxima de trescentos (300) días, e deberán comezar entre marzo e decembro de 2017.
Presentación de solicitudes: ata o 19 de abril de 2016.
Máis información: http://www.conicyt.cl/pai/2016/02/01/concurso-atraccion-de-capitalhumano- avanzado-del-extranjero-modalidad-estadias-cortas-mec-convocatoria-2016/

8.- Premios de investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2016
A Real Academia Galega de Ciencias fai pública a convocatoria dos seus Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo correspondentes ao ano 2016, que teñen como obxectivo promover a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento integradas na Academia, a través do recoñecemento académico e social do esforzo dos investigadores.
Convócanse dous premios:
- Un de 6.000 euros, para un Traballo de Investigación realizado por investigadores sénior.
- Un de 2.000 euros, para incentivar a Promoción de Novos Investigadores menores de 28 anos.
Poderán presentarse traballos realizados en Galicia. Os traballos tratarán temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas seguintes: Matemáticas, Física, Física do Cosmos, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Farmacia, Ciencias Sociais, Económicas e Ciencias Técnicas.
En ambas as modalidades poderanse presentar traballos publicados a partir do 1 de xaneiro de 2015, traballos aceptados para a súa publicación ou traballos inéditos. En todos os casos os traballos adoptarán a forma utilizada para publicacións en revistas científicas e terán unha extensión máxima de 75 páxinas, escritas por unha soa cara, incluíndo figuras e táboas.
O prazo da convocatoria finalizará ás 13.00 horas do 30 de Xuño de 2016.
Máis información: http://www.ragc.cesga.gal/es/actividades/premios-de-investigacion

9.- Posto de Data Scientist en GRADIANT
O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT) busca candidatos con experiencia e especial interese en Data Science e con ganas de aportar nun equipo de traballo que realmente intenta mellorar a educación usando tecnoloxía. No persoal, busca persoas responsables e motivadas.
Máis información: http://www.gradiant.org/images/stories/files/OF0216.pdf

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates