Novas da SGAPEIO, 22 de xullo 2016

1.- Número 43 de INFORMEST

Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, apartado de PUBLICACIÓNS, o número 43 de INFORMEST. Este número ten o seguinte sumario:

- Colaboración: John Nash: Do Hax ó Nobel.

- Entrevista a Manuel Carballeira.

- Actividades da SGAPEIO:

       - II Encontro Galaico-Portugués de Biometría.

       - VI Edición do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos e Fase Nacional.

- Novas do IGE: Últimas novidades en publicacións e documentos do IGE.

- Traballos de Estatística e Investigación Operativa no SUG: Traballos fin de Máster.

- Coñecendo a unha socia da SGAPEIO: María del Carmen Iglesias Pérez.

- Sabías qué?: As linguas da estatística.

Máis información: http://www.sgapeio.es

 

 

2.- VI concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Están dispoñibles na páxina web da SGAPEIO os traballos gañadores da VI edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, así como os vídeos das presentacións realizadas polos grupos gañadores no acto de entrega de premios.

Máis información: http://goo.gl/9AP4hj

 

3.- Resolución da VI Fase Nacional “Incubadora de Sondeos y Experimentos”

Os días 29 e 30 de xuño de 2016 tivo lugar en Badajoz a VI Fase Nacional dos concursos tipo Incubadora de Sondeos y Experimentos, coa participación de 14 fases locais. O traballo que representaba a Galicia na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos resultou gañador na súa categoría:

- Título: Mens sana in corpore sano.

- Centro: IES de Mugardos.

- Titora: Covadonga Rodríguez-Moldes.

- Alumnas: Inés Díaz, Sara Vázquez, Cintia Pérez, e Marta Pérez.

A relación completa de traballos premiados nesta VI Fase Nacional da “Incubadora de Sondeos y Experimentos” pode consultarse na páxina web do concurso: http://matematicas.unex.es/concursoestadistica/fase-nacional-2/

 

4.- Curso de Aplicacións de Big Data en Saúde na EASP

A Escuela Andaluza de Salud Pública (EASP) organiza un curso presencial de Aplicacións de Big Data en Saúde:

- Horas totais: 20

- Datas: 5 a 7 de outubro de 2016.

- Matrícula: 380 €

Obxectivo:

Mostrar aos asistentes as ferramentas que ofrece a Ciencia de Datos para o manexo de grandes bases de datos con información complexa.

Dirixido a:

Investigadores, tanto básicos como clínicos, así como profesionais relacionados coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

Inscrición: ata o 9 de setembro de 2016.

Máis información: http://www.easp.edu.es/programadocente/

 

5.- Curso de Modelos de regresión multivariante na EASP

A Escuela Andaluza de Salud Pública (EASP) organiza un curso semipresencial de Modelos de regresión multivariante:

- Horas totais: 60

- Datas: 21 de setembro a 4 de novembro de 2016.

- Sesión presenciais: Granada, 21-22 setembro, 5-6 outubro, 19-20 outubro.

- Matrícula: 550 €

Obxectivo:

Capacitar aos asistentes para a análise multivariante da información, a lectura crítica de publicacións especializadas e o seguimento de accións formativas máis avanzadas.

Dirixido a:

Profesionais con formación básica en Estatística interesados en coñecer e aplicar os modelos de regresión multivariante máis utilizados na actualidade.

Inscrición: ata o 2 de setembro de 2016.

Máis información: http://www.easp.edu.es/programadocente/

 

6.- Curso de Deseño de Mecanismos en Teoría de Xogos

Varios coordinadores de programas de doutoramento que se ofrecen en España no ámbito da Estatística e a Investigación de Operacións ofrecen a segunda edición dun curso de formación para estudantes de doutoramento en Teoría de Xogos.

- Título: Deseño de Mecanismos en Teoría de Xogos.

- Datas: 27-28 de outubro de 2016.

- Lugar: Universidade Miguel Hernández de Elche.

- Ponentes: David Pérez-Castrillo (Universitat Autònoma de Barcelona), Bernardo Moreno-Jiménez (Universidad de Málaga).

- Número máximo de participantes presenciais: 30 (darase prioridade aos estudantes dos programas de doutoramento e aos membros do GTJ da SEIO).

- Número de horas: 10.

Información e inscripcións: escribir a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. coa seguinte información: Nome e apelidos; afiliación; presenta póster (SÍ/NON).

 

7.- School “Computational Social Choice And Fair Division”

School “Computational Social Choice And Fair Division”.

Saint Petersburg, Russia

October 20-22, 2016

Application deadline: July 31, 2016

Website: http://scem.spb.hse.ru/en/ilgt/CSCFD

The school is organized by the International Laboratory of Game Theory and Decision Making (National Research University “Higher School of Economics”) headed by Herve Moulin and Anna Bogomolnaia.

Introductory course lecturers:

- Herve Moulin (University of Glasgow, NRU HSE).

- Anna Bogomolnaia (University of Glasgow, NRU HSE).

Invited speakers:

- William Thomson (University of Rochester, USA).

- Felix Brandt (Technical University of Munich, Germany).

The aim of the school is to show the interplay of ideas from the classical Fair Division and from the fast developing branch of Social choice investigating its computational aspects.

The school is oriented toward graduate students and PhD students. Participation is free but the number of participants is limited and the registration is obligatory. Please, follow the school website link to register.

 

8.- XIV Concurso STUDENT de Estatística Aplicada

O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona convoca a XIV edición do Concurso STUDENT de Estatística Aplicada.

Poderán optar ao concurso tódolos estudantes de grao ou de máster que estean matriculados este curso académico 2015-16 en calquera universidade española. Os aspirantes deberán analizar un conxunto de datos, enmarcado nun problema real, e propoñer unha solución. O contido do traballo deberá ser inédito e de temática libre.

Outorgaranse tres premios:

- Premio Idescat ao mellor traballo de máster: dotación económica de 500 €.

- Premio SEA ao mellor traballo de grao: dotación económica de 500 €.

- Premio Almirall ao mellor traballo en bioestatística: dotación económica de 500 €.

Data límite para enviar os traballos: 11 de setembro de 2016.

Máis información: http://www.uab.cat/s-estadistica/

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates