Novas da SGAPEIO, 21 de decembro 2016

1.- Actividades da SGAPEIO en 2016

Neste último boletín de novas do ano 2016, facemos balance das actividades realizadas pola SGAPEIO ao longo deste ano que remata:
- Renovación do convenio coa Fundación Barrié.
- Organización da VI edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.
- Envío dos representantes galegos á VI Fase Nacional dos Concursos tipo Incubadora de Sondaxes e Experimentos, celebrada en Badajoz.
- Publicación dos números 42, 43 e 44 de Informest.
- Organización, con AGAPEMA, da Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística.
- Organización, coa Sociedade Portuguesa de Estatística, do II Encontro Galaico-Portugués de Biometría.
- Organización dunha sesión de comunicacións da SGAPEIO no XXXVI Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa.
- Asistencia dun representante da SGAPEIO ao Pleno do Consello Galego de Estatística.
- Mantemento e actualización da páxina web e envío quincenal do boletín de novas.
- Envío de novas a través de Linkedin e Twitter.

2.- VII edición do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, convoca a sétima edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia. Con esta iniciativa académica pretendemos que os estudantes se inicien no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que estamos inmersos. Para participar, tan só é necesario que os alumnos deseñen (coa axuda dun titor-profesor) una enquisa ou fagan un estudo sobre un tema de actualidade, e presenten os resultados. Tanto os alumnos participantes como os seus titores recibirán un diploma acreditativo da súa participación por cada traballo presentado, e poderán optar a unha serie de premios. Ademais os profesores recibirán unha suscripción gratuíta dun ano á nosa Sociedade. O prazo de presentación de traballos finaliza o 30 de abril de 2017.
Este ano, como novidade, o xurado seleccionará traballos finalistas que deberán expoñer o seu proxecto no acto de entrega de premios. O fallo do xurado darase a coñecer despois da exposición.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

3.- 38th Annual Conference of the International Society for Clinical Biostatistics

The 38th Annual Conference of the International Society for Clinical Biostatistics will be held in Vigo (Spain) on 9-13 July 2017.
Like previous editions, the 2017 ISCB conference will provide an international scientific forum for exchange of theory, methods, and applications of biostatistics in medical research. The conference is aimed at statisticians, clinicians, and members of other disciplines related to clinical practice, such as epidemiologists, clinical chemists, and clinical pharmacologists.
This year, two exciting plenary talks, given by Anastasios Tsiatis and Francesca Dominici, and eight invited sessions on a number of key topics are organized. This will be completed with contributed parallel sessions about scientific topics of special interest. In addition, several courses and mini-symposia are scheduled, including the Students’ Day on Thursday, which follows the successful first experience at ISCB37. We also offer the possibility to enjoy Vigo and its surroundings with our social programme, including the traditional excursions on Tuesday.
Important dates:
- Abstract submission: December 20, 2016 (Open!)
- Deadline abstracts submission: February 20, 2017
- Notification abstract acceptance: April 1, 2017
- Early bird registration deadline: April 30, 2017
More info: http://www.iscb2017.info/

4.- 8th International Workshop on Compositional Data Analysis

CoDaWork2017 (International Workshop on Compositional Data Analysis) terá lugar en Siena, Italia, do 5 ao 9 de xuño de 2017.
CoDaWork2017 ofrece un foro de discusión para persoas interesadas no tratamento estatístico e a modelización de datos composicionais, e na interpretación de modelos ou aplicacións con este tipo de datos.
Datas importantes:
- Inscrición: empezou en setembro de 2016.
- Envío de resumos: ata o 19 de decembro de 2016.
- Inscrición a prezo reducido: ata o 17 de abril de 2017.
Máis información: http://www.compositionaldata.com/codawork2017/

5.- Cursos do Servei d'Estadística Aplicada da UAB

O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos para o primeiro trimestre de 2017:
- Deseño e adaptación de cuestionarios:
Datas: 30 e 31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro de 2017.
Horario: de 9:30 a 13:30.
Máis información: https://goo.gl/Oas6s5
- Curso de introducción á sintaxe de R mediante RStudio – MODULO I:
O obxectivo principal deste curso é aprender as instruccións básicas que permitan traballar con fiabilidade en R.
Datas: 6, 7 e 9 de febreiro de 2017.
Horario: de 9:30 a 13:30.
Máis información: https://goo.gl/aGq4tC
- Curso de Estadística Básica con R mediante RStudio – MODULO II:
O obxetivo principal deste curso é aprender as instruccións básicas para realizar a análise descritiva e os contrastes de hipóteses básicos con R.
Datas: 20, 21 e 22 de febreiro de 2017.
Horario: de 9:30 a 13:30.
Máis información: https://goo.gl/i4r9L6
- Análise e xestión de datos con Python:
Neste curso introduciranse os conceptos básicos de Python e as súas grandes e diversas utilidades.
Datas: 27 e 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2017. Horario: de 9:30 a 13:30. Máis información: https://goo.gl/ba0bKX - Curso de modelización estatística básica con R mediante Rstudio: O obxectivo principal deste curso é aprender as instruccións básicas para realizar e interpretar modelos estatísticos con R. Datas: 27, 28 e 29 de marzo de 2017. Horario: de 9:30 a 13:30. Máis información: https://goo.gl/qNggIL

6.- Summer School on Modern Methods in Biostatistics and Epidemiology

The Summer School on Modern Methods in Biostatistics and Epidemiology will be held from June 4 to June 17, 2017 at CastelBrando, in Cison Di Valmarino, Treviso, Italy. The School offers introductory and advanced courses in medical statistics and epidemiology, and their application to clinical and etiology research and public health. It is meant to provide researchers, physicians, and health professionals with insight into available analytical tools for planning research, handling data, and interpreting results. These allow the use of scientific data, including controlled experiments and well-structured observational data, as the source for decision making.
Deadline for registration: May 31, 2017.
More info: http://www.biostatepi.org/

7.- Bolsas La Caixa

A Obra Social “la Caixa” ofrece 57 bolsas dirixidas a estudantes internacionais para desenvolver a súa tese doutoral nos centros españois de excelencia (distinguidos cos galardóns Severo Ochoa, Ramiro de Maeztu, Carlos III), entre os que se atopa o Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT).
A bolsa inclúe un contrato de tres anos no centro de investigación escollido, así como axudas e formación complementaria para o desenvolvemento da carreira persoal dos participantes.
O ICMAT oferta as siguientes liñas de investigación para este programa:
- Xeometría alxebraica e física matemática.
- Xeometría diferencial, xeometría simpléctica e mecánica xeométrica.
- Análise matemático.
- Ecuacións diferenciais e aplicacións.
- Estatística, probabilidade e investigación operativa.
- Teoría de grupos.
- Teoría de números.
Presentación de solicitudes: ata o 7 de febreiro de 2017.
Máis información: https://www.icmat.es/resources/employment/INPhINIT_La-Caixa/lines
https://obrasociallacaixa.org/es/educacion-becas/becas-de-posgrado/inphinit/call-for-application

8.- Bolsas de posgrao da Fundación Barrié

A Fundación Barrié, consciente da importancia da formación para o desenvolvemento de persoas e comunidades, convoca a 28º edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro.
A presente convocatoria ten prevista a concesión dun máximo de 10 bolsas para a realización de estudos de Máster con dedicación a tempo completo.
Os obxectivos do programa son facilitar o acceso á mellor formación científica, técnica e artística; proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural e contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, empresariais e culturais, a través da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, unha comunidade excepcional que acada o milleiro de profesionais de múltiples disciplinas en todo o mundo.
Presentación de solicitudes: ata o 15 de febreiro de 2017.
Máis información: http://www.fundacionbarrie.org/becas-posgrado-extranjero

9.- Bolsas de posgrao da Fundación La Caixa

A Fundación La Caixa convoca as súas bolsas anuais de posgrao 2017 para:
Estudos de posgrao en universidades europeas:
- Nº de bolsas: 65
- Destinatarios: todas aquelas persoas de nacionalidade española en disposición de cursar estudos de posgrao: máster ou doutorado.
- Duración: un curso, non inferior a 9 meses, prorrogables ata un máximo de 24 meses.
- Peche da convocatoria: 2 de febreiro de 2017.
Máis información: https://goo.gl/gvmdvS

Estudios de posgrado en universidades de América del Norte y Asia-Pacífico:
- Nº de bolsas: 55
- Destinatarios: todas aquelas persoas de nacionalidade española en disposición de cursar estudos de posgrao: máster ou doutorado.
- Duración: un curso, non inferior a 9 meses, prorrogables ata un máximo de 24 meses.
- Peche da convocatoria: 4 de abril de 2017.
Máis información: https://goo.gl/C4jsMm

10.- Oferta de emprego na UMI REPSOL-ITMATI

Proxecto: Unidade mixta de investigación (UMI) REPSOL-ITMATI.
Referencia da oferta: ITMATI-OT-011/2016.
Descrición do posto: 1 contrato como investigador/a para a UNIDADE MIXTA DE INVESTIGACIÓN (UMI) REPSOL-ITMATI a xornada completa.
Perfil do candidato: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as, e Másteres, relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática.
Envío de solicitudes: antes do 31 de decembro de 2016 ás 14:00 horas.
As solicitudes deberán incluir unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante coas experiencias adicionais a valorar na convocatoria, curriculum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico) e o expediente académico de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Máster e Doutorado. Se os candidatos o estiman oportuno, tamén poderán xuntar á súa solicitude cartas de recomendación.
Máis información: https://goo.gl/uLMhgL

11.- Oferta de técnico estatístico

O Instituto de Investigación para el Desarrollo Social Sostenible (INDESS) da Universidade de Cádiz busca técnico/a estatístico/a de apoio nas investigacións na área de Ciencias Sociais. O posto dependerá da concesión dun contrato PTA do Ministerio de Economía por 3 anos, renovables mediando a aprobación do devandito Ministerio.
Valoraranse coñecementos demostrables en métodos multivariantes avanzados (Ecuacións Estructurais, Regresión Loxística, etc.); e o manexo dalgún software de tratamento estatístico avanzado habitual na investigación en Ciencias Sociais (SPSS, Statgraphics, Statistica, Amos, Smart PLS, Adanco, R, etc.).
Os interesados poden enviar o seu currículum a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates