Novas da SGAPEIO, 27 de marzo 2018

1.- Convocatoria da Asemblea Xeral da SGAPEIO
Convócase reunión da Asemblea Xeral da Sociedade para o vindeiro día 13 de abril de 2018, na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral do 28/10/2017.
2. Informes varios.

  • Estado do nno a XII FEIRA MATEMÁTICAno a XII FEIRA MATEMÁTICAúmero de socios.
  • Outros informes. 

3. Actividades previstas en 2018.

  • VIII Concurso de "Incubadora de Sondaxes e Experimentos". Fase Local III Encontro Galaico-Portugués de Biometría (EBio2018), Aveiro, xuño 2018.
  • Xornada de Formación a Profesores de Ensino Secundario en colaboración con AGAPEMA, Santiago de Compostela, novembro 2018.
  • XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación Operativa, Vigo 2019.
  • Outras actividades.

4. Balance do ano 2017 e orzamento do ano 2018.
5. Rogos e preguntas.

2.- Publicación da entrega Nº48 do INFORMEST
A SGAPEIO informa a todos os seus socios que en breve estará dispoñible para todos os socios o Nº 48 do INFORMEST, incluíndo os seguintes contidos:

  • Editorial, por César Sánchez Sellero.
  • Estatística 3 en 1, o aceite que lubrica á Administración, por Carlos Neira Cortizas.
  • Actividades da SGAPEIO.
  • Novas do IGE.
  • Traballos de Estatística e Investigación Operativa no SUG.
  • Coñecendo a unha socia da SGAPEIO: Milagros Diéguez Taboada.
  • Sabías que? Curiosidades dos apelidos dos galegos por María José Ginzo.

3.- VIII Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VIII Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 3 ao 15 de abril de 2018.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

4.- Premios de Transferencia de Tecnoloxía da RAGC e da GAIN
Descrición: A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convidan a presentar candidaturas aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2018. Para facilitar a tarefa, simplificamos as bases de xeito significativo e habilitamos un proceso de presentación totalmente telemático. Estes galardóns chegan á súa cuarta edición coa vontade de recoñecer o traballo dos/das investigadores/as e dos/das empresarios/as que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Modalidades e premios:

  • Premio a un traballo de investigación aplicada: 6.000 € netos e unha axuda de 4.000 € para a formación dun membro do equipo investigador.
  • Premio a un caso de éxito en transferencia de tecnoloxía a pemes: 12.000 € netos, para un caso de transferencia en pemes ou micropemes, con independencia do mecanismo, xa sexa adquisición de patente, proxecto conxunto, spin-off, etc.
  • Premio a un caso de éxito empresarial para grandes empresas: O premio para a empresa será honorífico, acreditado cunha placa conmemorativa. O grupo de investigación recibirá 6.000 € netos, en concepto de apoio ao seu traballo.

Prazo: Comezará o 15 de marzo e rematará ás 15 horas do 31 de maio.
Presentación de proxectos: A participación será tramitada de xeito telemático a través dun formulario electrónico específico para cada modalidade e dispoñible nas webs da Real Academia Galega de Ciencias (www.ragc.gal) e da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal/). A documentación será enviada por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., acompañado dunha memoria descritiva dunha extensión máxima de 70 páxinas e dos documentos acreditativos sinalados no formulario.
Sitio web: https://www.ragc.gal/gl/premios/premios-transferencia-de-tecnoloxia-en-galicia-2018

5.- CRoNoS Workshop on Functional Data Analysis
31 de agosto de 2018 – 2 de setembro de 2018
Iaşi, Romanía
Descrición: A Acción COST CRoNoS (http://www.cronosaction.com) organiza o 2º Workhop CRoNoS en Datos Funcionais xunto cun Curso de Verán sobre o mesmo tema. Na primeira edición reuníronse uns 90 participantes
(http://www.compstat2016.org/SatelliteWorkshop.php). A inscrición no Workshop inclúe a posibilidade de asistir ao Curso de Verán
(http://www.compstat2018.org/SatelliteWorkshop.php), que ofrece axudas para a asistencia de xoves investigadores. Será benvida toda proposta para a organización de sesións, presentación de conferencias e póster relacionado coa Análise de Datos Funcionais.

Sitio web: http://www.compstat2018.org/SatelliteWorkshop.php
Poñentes principais:

  • Fang Yao, da Universidade de Toronto, Canadá.
  • Manuel, Febrero, da Universidade de Santiago de Compostela, España.

6.- Conferencia do INE “Galicia: Pasado, presente y futuro desde la perspectiva de las operaciones demográficas”
6 de abril de 2018
A Coruña, España
Poñente: D. Jorge Luis Vega Valle, Instituto Nacional de Estadística (INE).
Data: 6 de abril de 2018.
Hora: 12:30 h.
Lugar: Aula de Grados Víctor Gulías, Facultade de Informática, Universidade da Coruña, A Coruña.
Resumo: O número de novas que aparecen nos medios de comunicación estatais, e especialmente nos galegos, onde se menciona directa ou indirectamente a evolución de certos parámetros demográficos, é cada vez maior. É o INE o organismo que desenvolve e divulga gran número de estatísticas demográficas, con frecuencia variable, que son as causantes en grande medida, da aparición deste tipo de noticias: cifras de poboación, estatísticas de migración, movemento natural de poboación, proxeccións de poboación, censos... Esta presentación incluirá unha breve mención da metodoloxía empregada polo INE nas diversas operacións demográficas realizadas. Do mesmo xeito, detallarase a evolución dos indicadores máis relevantes para o caso específico de Galicia, incluíndo un desglose para cada un dos diferentes compoñentes demográficos (nacementos, mortes, inmigración, emigración). Finalmente, incluiranse estudios comparativos de Galicia co resto de España e tamén a nivel europeo, que axudarán a ter unha perspectiva máis global da situación demográfica galega.

7.- Feira Matemática 2018
Descrición: A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.
Datas en localización: Este ano a XII FEIRA MATEMÁTICA celébrase o 7 de abril, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.
Convócanse tamén tres concursos: de Fotografía Matemática, de Matmonólogos e de Esopías. Para participar nestes concursos, terase que entrar no MATEBLOG. Os concursos están abertos a todos os que queiran participar, sexan estudantes de calquer nivel, profesores ou calquera que o desexe.
Participación: Se se quere participar enchendo un posto cos propios estudantes e aportando actividades, pódese facer a inscripción neste formulario.
Organizador: AGAPEMA.
Convídase a todas e todos a participar o 7 de abril de 2018, neste ilusionante evento.

8.- ORDE do 14 de marzo de 2018 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres.
Descrición: Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 1.050 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 30 prazas no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, 160 prazas no corpo de profesores técnicos de formación profesional e 705 prazas no corpo de mestres, situadas no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (código de procedemento ED001A). A continuación amosase a desagregación por especialidades e quendas correspondente ao ensino de secundaria, facendo especial fincapé nas 152 prazas para profesorado con especialidade en matemáticas, 142 das cales son prazas de quenda libre:
Código/especialidade Reserva persoas con discapacidade Libre Total
004 Lingua Castelá e Literatura 5 70 75
005 Xeografía e Historia 5 60 65
006 Matemáticas 11 142 153
007 Física e Química 5 83 88
008 Bioloxía e Xeoloxía 4 56 60
011 Inglés 4 46 50
018 Orientación Educativa 3 32 35
019 Tecnoloxía 5 60 65
053 Lingua Galega e Literatura 5 70 75
108 Intervención Sociocomunitaria 1 19 20
110 Organización e Xestión Comercial 2 23 25
113 Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos 1 14 15
117 Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos 1 14 15
118 Procesos Sanitarios 2 20 22
125 Sistemas Electrotécnicos e Automáticos 2 23 25
Total 56 732 788
Solicitudes: As solicitudes deberán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.es/oposicions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180321/AnuncioG0164-060318-0002_gl.html

9.- Contratación dun profesional na “Plataforma de Apoyo Estadístico-Epidemiológico” do “Instituto de Investigación Sanitaria del Principado de Asturias” (ISPA)
A “Plataforma de Apoyo Estadístico-Epidemiológico” do “Instituto de Investigación Sanitaria del Principado de Asturias” (ISPA) require a contratación dun profesional co seguinte perfil:

Posto: Técnico de apoio en bioestatística para a investigación sanitaria desenvolvida nos centros do SESPA e, especialmente, nos grupos incorporados ao propio Instituto ISPA.

Entidade financeira: FINBA.
Número de prazas para cubrir con este perfil: 1.
Convocatoria: REF: EMP.TECNICO BIOSTADÍSTICA.
Lugar de realización: ISPA e centros do SESPA.
Funcións:

  • Avaliar a práctica clínica e as tecnoloxías sanitarias para obter información relevante e útil para a mellora da adecuación dos procedementos diagnósticos e terapéuticos.
  • Realizar investigacións de síntese (revisións sistemáticas e meta-análise) para apoiar a toma de decisións clínicas.
  • Promover o uso de metodoloxías de investigación óptima e as técnicas bioestatísticas máis avanzadas para o desenvolvemento da investigación clínico-epidemiolóxica.

Requirimentos:

  • Titulación requirida: Licenciatura ou Grao. Preferiblemente en Matemáticas ou Estadística.
  • Experiencia e/ou coñecementos nas principais técnicas estatísticas de análise de datos epidemiolóxicos e clínicos: regresión loxística, análise de supervivencia e análise de medidas repetidas.
  • Imprescindible amplos coñecementos en R para visualización, manipulación e análise de datos, ademais de como linguaxe de programación.
  • Inglés: competencia de linguaxe de traballo.

Aspectos a valorar

  • Mestrado relacionado coa estatística.
  • Experiencia en análise de datos, preferentemente en ciencias da saúde.
  • Experiencia e/ou coñecementos en técnicas de “machine learning” e construción de modelos de predición.
  • Experiencia de traballo con R no entorno integrado de RStudio.
  • Se valorará el manexo doutras linguaxes de programación (Linux...) e outros paquetes estatísticos.
  • Experiencia en grupos multidisciplinares.
  • Colaboración na redacción de artigos científicos

Condiciones do contrato:

  • Modalidade contractual: obra ou servizo.
  • Xornada: 40 horas / semana.
  • Horario: flexible, en función das necesidades do servicio.
  • Duración: 1 ano

Presentación de candidaturas: As solicitudes presentaranse por e-mail dirixido á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., co asunto: “EMP.TECNICO BIOESTADÍSTICA”. O prazo de recepción de solicitudes rematará o día 30 de marzo de 2018 ás 00:00h. Presentarase CV e copia da documentación acreditativa dos requisitos esixidos e dos méritos que desexa que se valoren.
Proceso de selección: Despois do prazo de presentación de solicitudes, realizarase un proceso de revisión das solicitudes recibidas no prazo de 5 días hábiles. Publicarase a listaxe de ata un máximo de cinco candidatos cuxo currículo sexa máis axeitado aos criterios establecidos no taboleiro de anuncios do sitio web do Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA) iniciándose de seguido a segunda fase consistente nunha entrevista persoal de carácter bilingüe cos devanditos candidatos. A resolución para a contratación publicarase no taboleiro de anuncios do sitio web do HUCA.

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates