ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 2 de outubro 2018
1.- V Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística
Descrición: A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a IV Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.
Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, e unha conferencia.
Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.
Data: 20 de outubro de 2018.
Horario: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 20:00.
Sitio web: O programa está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, www.sgapeio.es
2.- Conferencia do Prof. Jorge Amaya na Universidade da Coruña
Descrición: O próximo día 3 de outubro ás 11:30 celebrarase a conferencia “The mine planning problem: mathematical models for the optimal extraction of ore from an open pit mine”, impartida polo Prof. Jorge Amaya do Center for Mathematical Modeling da Universidad de Chile, na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Existe a posibilidade de seguila por videoconferencia, para o que se deberá contactar con Ana Almécija Pereda (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).
Máis información:
https://www.fic.udc.es/gl/evento/the-mine-planning-problem-mathematical-models-for-the-optimal-extraction-of-ore-from-an-open
3.- Primeira circular do curso ECAS2019 de Análise Estatística de Datos Espazo-Temporais
15 de xuño de 2019 – 17 de xuño 2019
Valencia, España
Descrición: O Curso Europeo de Estatística Avanzada “Statistical Analysis for Space-Time Data” (ECAS2019) está organizado pola Sociedade Portugesa de Estatística (SPE) e pola Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) e terá lugar en Lisboa, Portugal, do 15 ao 17 de xullo de 2019. Os cursos ECAS teñen como obxectivo proporcionar unha formación de posgrao en áreas especiais da estatística para investigadores, profesores universitarios e profesionais interesados na aplicación de novos métodos estatísticos. No caso particular deste curso, faise fincapé nos modelos espazo-temporais, cada vez máis importantes debido á actual proliferación de conxuntos de datos que están indexados espacial e temporalmente. Os datos de espazo-temporais adoitan estar relacionados coas áreas aplicadas, como as ciencias ambientais e de saúde, aspecto no que se incidirá no curso, facendo tamén fincapé na:
- lectura, visualización e análisis de datos espaciais, onde as observacións pódense identificar mediante a localización xeográfica;
- xerando á súa vez hipóteses para os correspondentes estudos ecolóxicos ou epidemiolóxicos;
- produción dun mapa suavizado, identificando tendencias espaciais e temporais; toma de decisións relacionadas coa dependencia no tempo e no espazo de diversas enfermidades.
Os profesores invitados presentarán os seus avances metodolóxicos poñendo énfase nas aplicacións. Ademais, se organizará unha sesión de pósteres con traballos presentados polos participantes que completará o programa científico.
Datas importantes
- Inscrición e envío de resumos a partir do 1 de outubro de 2018
- Prazo de presentación de resumos: 26 de abril de 2019
- Notificación de aceptación: 24 de maio de 2019
- Prazo de inscrición anticipada: 31 de maio de 2019
- Prazo de inscrición: 21 de xuño de 2019
Máis información: https://ecas2019.math.tecnico.ulisboa.pt/
4.- Competición para grupos de estudantes do International Statistics Institute (ISI)
Descrición: O Internationa Statistics Institute (ISI) e o Esri veñen de lanzar un concurso estudantil que se enmarca no uso de GIS na estatística, incluíndo estatística espacial, modelos de regresión, xestión de datos espaciais, cartografía, visualización e análise.
A convocatoria para a postulación de grupos de estudantes na competición internacional de pésteres usando o ArcGIS software está aberta dende o 1 de setembro de 2018. O prazo de inscrición remata o 30 de novembro de 2018, e os candidatos seleccionados terán ata o 30 de maio de 2019 para enviar os seus carteis. Os carteis se presentarán no Congreso Mundial de Estatística do ISI en Kuala Lumpur, Malasia, en agosto de 2019, onde se anunciarán os gañadores.
Se concederán premios aos participantes clasificados en primeiro, segundo e terceiro lugar.
Sitio web: https://go.esri.com/isi_student_competition
5.- “Premio al Educador del Proyecto Juárez Lincoln Martí”
Descrición: O "Premio al educador del proyecto JLM" pretende recoñecer a un colega educador iberoamericano que destaque na súa labor no eido da estatística, a favor da Educación Internacional na nosa contorna. Este premio, composto por un diploma de recoñecemento, será anunciado, como todos os anos, o 12 de decembro, día da Virxe de Guadalupe, Patroa de América. Sempre apreciamos e valoramos as nominacións dos membros do Proxecto, especialmente dos anteriores gañadores, que mantén o alto nivel deste recoñecemento. Pode enviarnos as súas propostas de candidatos. Os premios anteriores e os seus criterios, que consisten no traballo realizado a favor da educación superior en Iberoamérica, poden ser revisados en:
http://web.cortland.edu/matresearch/PremioAnualProyJLM.pdf
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
6.- XVII Conferencia Española y VII Encuentro Iberoamericano de Biometría
19 de xuño de 2019 – 21 de xuño 2019
Valencia, España
Descrición: Entre o 19 e 21 de xuño de 2019, a cidade de Valencia acollerá a XVII Conferencia Española y VII Encuentro Iberoamericano de Biometría promovido pola Sociedad Española de Biometria. A organización deste encontro científico correrá a cardo do Departamento de Estadística e Investigación Operativa ademais da Facultad de Matemáticas de la Universitat de València. Tamén participan na súa organización todas as universidades públicas valencianas: Universitat de València, Universitat Jaume I, Universitat Politècnica de València, Universitat d’Alacant, Universitat Miguel Hernández, así como a área de Salud Universal y Salud Pública de la Consellería de Sanitat de la Generalitat Valenciana. Temos tamén a inestimable axuda dos nosos colegas de Arxentina, América Central e Caribe, Chile e Ecuador, que forman parte da International Biometrical Society.
Inscrición e envío de resumos: Abrirase o 12 de novembro a través do noso sitio web.
Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Sitio web: https://congresos.adeituv.es/CEB-EIB_2019/ficha.es.html
7.- V Xornadas de usuarios de R en Galicia
25 de outubro de 2018
Santiago de Compostela, España
Descrición: É un pracer invitarvos a participar nas V Xornadas de usuarios de R en Galicia [1]. O 25 de outubro de 2018, reunirémonos na Escola de Matemáticas [2] da USC [3], para compartir coñecementos e experiencias; ademais de non perder a oportunidade de "socializar" e contactar con axentes e/ou grupos de traballo.
A inscrición realizarase no seguinte enderezo: https://www.r-users.gal/inscricion. É completamente gratuíta e accesible. Se desexa presentar unha ponencia sobre un tema de interese relacionado con R, pode enviarnos un resumo da idea ao seguinte formulario: https://www.r-users.gal/call-for-papers.
Nos próximos días, imos actualizar o programa do día [4]. Tamén temos dispoñibles os programas de anos anteriores, incluíndo as presentacións de cada orador.
O día está organizado pola Oficina de Software Libre do CIXUG [5], patrocinado pola AMTEGA [6] da Xunta de Galicia [7], ademais de contar coa colaboración da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Vémonos o 25 de outubro de 2018 na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela para falar de R!
Sitios web:
[1] https://www.r-users.gal/
[2] http://www.usc.es/es/centros/matematicas/
[3] http://www.usc.es
[4] https://www.r-users.gal/pagina/programa-2018
[5] http://www.cixug.es/
[6] http://amtega.xunta.gal/
[7] http://www.xunta.gal
8.- Xornadas en talleres organizados pola rede RedBigDataHPC
Durante o mes de outubro terán lugar os seguintes eventos nos que colabora a rede RedBigDataHPC:
- Xornadas Big Data Coruña, 4-5 de outubro de 2018. Facultade de Informática da UDC.
- o Información: http://ghpc.udc.es/pdfs/XornadasBigData2018.pdf
- o Rexistro (ata o 2 de outubro): http://ghpc.udc.es/bigdata2018
- Machine Learning Workshop Galicia. 18 de outubro de 2018. Vigo
- Información e rexistro (ata o 12 de outubro) en: https://www.wgml.es/
- Programa de preinscripción: https://www.easp.ws/bayesianosc
9.- Praza de Assistant Professor de Estatística no Dipartimento di Scienze delle Decisioni, Universitá di Bocconi, Italia
Descrición: O Dipartimento di Scienze delle Decisioni, Universitá di Bocconi (Milano, Italia) é unha comunidade académica activa e vibrante, composta por 27 membros. Se invita a todo posible candidato, con traxectoria sobresaínte no seu eido, a presentar a súa solicitude, requeríndose que estea en posesión da acreditación de Assistant Professor nas áreas de interese do Departamento, que inclúen a Estatística, Probabilidade e Aprendizaxe Máquina. Espérase dos candidatos elixidos que desenvolvan unha actividade que dea lugar a un amplo rexistro de publicacións, que contribúan en grande medida á vida académica do Departamento e que sexan efectivos e eficientes na docencia, tanto no nivel de grao coma no posgrao. As entrevistas comezaranse no outono de 2019.
Requirimentos: Para recibir a total consideración, os solicitantes deberían ter, ou estar preto de completar, o doutoramento, e mostrar un gran potencial en investigación.
Solicitudes: As solicitudes deberán enviarse usando o sitio
www.unibocconi.eu/jobmarket
Prazo: 15 de xaneiro de 2018.
Sitio web: http://www.unibocconi.eu/departments/decision+sciences.
Contacto: Poderán realizarse consultas sobre o cargo a través de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..