ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 9 de xaneiro 2020
1.- 20 aniversario do software estatístico R
No ano 2020 o software R cumpre 20 anos. Co motivo desta celebración, convídase ós usuarios de R ó workshop organizado en Copenhague (Dinamarca) o 28-29 de febreiro.
Máis información en: http://www.celebration2020.org/
2.- Axudas “Juan de la Cierva 2019”: formación e incorporación
Está aberto o prazo de solicitudes das Axudas para contratos Juan de la Cierva 2019, convocados polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, nas modalidades de formación e incorporación.
Máis información: nesta ligazón e nesta.
3.- Axudas “Ramón y Cajal 2019”
Está aberto o prazo de solicitudes das Axudas para contratos Ramón y Cajal 2019, convocados polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Máis información nesta ligazón.
4.- Workshop: Recent Advanced in Statistical Analysis of Survival Data
O workshop Recent Advanced in Statistical Analysis of Survival Data terá lugar en Burdeos (Francia) do 13 ó 15 de maio de 2020.
Máis información en: http://ateliers-inserm.evenium-site.com/
5.- IFORS 2020
O IFORS 2020 (22nd Conference of the International Federation of Operational Research Societies) terá lugar do 21 ó 26 de xuño do 2020 en Seúl (Corea). Este congreso mundial, no eido da Investigación de Operacións, está organizado pola Korean Operations Research and Management Science Society (KORMS).
Máis información en: http://www.ifors2020.kr/
6.- EURO Support for NATCOR Bursaries
O Centro NATCOR (National Taught Course Centre in Operational Research) organiza diferentes cursos no eido da Investigación de Operacións. Impartiranse ó longo do ano 2020 no Reino Unido para estudantes de doutoramento. É importante destacar que EURO anuncia a convocatoria de axudas específicas para a asistencia a estos cursos.
Máis información: http://www.natcor.ac.uk/ e https://www.euro-online.org/web/pages/1568/natcor-bursaries
7.- Curso: Epidemiología avanzada: nuevos diseños epidemiológicos
A Escuela Andaluza de Salud Pública (Consejería de Salud y Familias) organiza o curso virtual Epidemiología avanzada: nuevos diseños epidemiológicos, cunha duración de 60 horas.
Máis información e prescrición: https://www.easp.es/cursos/?idCurso=311307NA20
8.- Curso: Estatística con software libre nas aulas
O Programa de Formación de Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela organiza o curso “Estatística con software libre nas aulas” dirixido ao profesorado de Ensino Medio con especialidade en Matemáticas. Esta actividade de formación está recoñecida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O curso terá unha duración de 20 horas, das cales 15 horas serán presenciais e 5 non presenciais. As horas presencias repartíanse en cinco sesións que están previstas para os días 7, 14 21 e 28 de febreiro, e 6 de marzo deste ano 2020 de 18 a 21 horas.
Máis información: https://cursorcommander2020.blogspot.com/