Novas da SGAPEIO, 6 de febreiro 2020

1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ten aberta a convocatoria do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- Fotos do XIV Congreso Galego de Estadística e Investigación Operativa
Xa está disponible o álbum coas fotos que foron tomadas durante o XIV Congreso Galego de Estadística e Investigación Operativa, celebrado en Vigo do 24 ó 26 de outubro de 2019.
A galería de fotos está dispoñible na seguinte ligazón:
https://photos.google.com/share/AF1QipPVfC-gGroNwZPs9zDVDGUSAwL3KfLNCrw3XL5aq4VePBOcflfsT2BDXrR7fZKSlA?key=d2RWWGRKM3pLb243UjBtc2dIeVlnWVRhZWNDcmtR

3.- International Conference on Biometrics and Biostatistics
A International Conference on Biometrics and Biostatistics celebrarase do 25 ó 26 de xuño de 2020 en París (Francia). O principal obxectivo busca o intercambio de experiencias e resultados no eido da Biometría e da Bioestatística.
Máis información en: https://waset.org/conferences-in-june-2020-in-paris

4.- International Conference on Econometrics and Statistics
O 4th International Conference on Econometrics and Statistics (EcoSta2020) celebrarase en Seúl (Corea) do 20-22 de xullo de 2020. Centrarase nas novidades nas áreas de Econometría e Estatística.
Máis información en: http://cmstatistics.org/EcoSta2020/

5.- Praza de axudante doutor no Centro Universitario da Defensa
O pasado 22 de xaneiro publicouse no DOG a convocatoria dunha praza de Axudante Doutor no Centro Universitario da Defensa - ENM (centro adscrito á Universidade de Vigo). O perfil está asociado á docencia en "Álgebra y Estadística" e "Cálculo y Ecuaciones Diferenciales", polo que a titulación requerida é licenciatura en Matemáticas ou graos afíns. Máis información en: https://cud.uvigo.es/concursoprofesorado

6.- Oferta de emprezo: investigadores posdoutorais no CINBIO
O Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo publicou a convocatoria para a cobertura de ata 3 prazas de investigador/a postdoutoral en calquera das liñas de investigación do. O Grupo SiDOR da Universidade de Vigo lidera a Unidad de Bioestadística y Epidemiología do propio centro singular, polo que a oferta vai dirixida a estadísticos/as con gran experiencia.
Máis información en: http://sidor.uvigo.es/en/about/news/1284-postdoc-position-biostatistics-and-epidemiology-unit-at-cinbio-vigo-spain

7.- Oferta de emprego: contrato de investigación no ITMATI
O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industria (ITMATI) convoca un posto como investigador no marco do proxecto “Desarrollo de algoritmos relacionados con Estadística, Optimización e Inteligencia Artificial” entre ITMATI e unha empresa do sector de loita contra incendios forestais. Entre as tarefas a realizar está o desenvolvemento de algoritmos relacionados coa Estatística, Optimización e Intelixencia Artificial.
Máis información en: http://www.itmati.com/oferta-de-empleo-itmati-ot-012020-1-contrato-como-investigadora-para-proyecto-%E2%80%9Cdesarrollo-de-algorit

8.- Oferta de emprego: técnico superior de investigación
A Fundación Biomédica Galicia Sur convoca un posto como investigador no marco do proxecto “Análisis estadístico avanzado de Bases de Datos en Reumatología” no IIS Galicia Sur - Hospital do Meixoeiro (Área Sanitaria de Vigo). Entre as tarefas a realizar está o desenvolvemento de técnicas de Bioestadística e de Programación Estatística necesarias para a análise avanzado das Bases de datos do Grupo de Investigación en Reumatoloxía y Enfermidades Inmunomediadas (IRIDIS).
Máis información en: http://www.fundacionbiomedica.org/wp-content/uploads/2020/02/OFERTA-EMPLEO-INVESTIGACION_REUM-20-4.pdf

9.- Oferta de emprego: investigadores posdoutorais no CITIC
A Universidade da Coruña, para o seu Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) ofrece dúas prazas para investigadores posdoutorais por 2 anos. O único requisito é o que os candidatos teñan unha traxectoria investigadora aliñada con alguna das áreas do CITIC.
Máis información en: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2020/000520

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates