Novas da SGAPEIO, 29 de xullo 2020

1.- Número 55 De Informest
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ven de publicar o número 55 da súa revista Informest. Aparte das habituais seccións Colaboración, Actividades, Novas do IGE, Traballos de Estatística e IO e Coñecéndonos, inclúese unha escolma dos traballos que os profesionais da estatística e a investigación operativa en Galicia, socios da SGAPEIO, veñen realizando en relación a actual crise da COVID-19. Desde a SGAPEIO agradecemos vivamente a todos os investigadores a súa participación.
Máis información: https://www.sgapeio.es/INFORMEST/Informest55.pdf

2.- Curso de Introdución á estatística bayesiana para científicos que utilizan R
3-4 de novembro de 2020
Curso organizado polo Statistical Services Centre Ltd, de dous días de duración, que se impartirá en liña, en modo síncrono, mediante Zoom, en horario de 09:00 a 17:30 (GMT).
O prezo da matrícula será de 468 £ (incluído o 20% do IVE). O rexistro farase a través da ligazón https://www.ssc-training.co.uk/.
Máis información: https://www.ssc-training.co.uk/introduction-to-bayesian-statistics-for-scientists-using-r.html

3.- Autumn School on Bilevel Optimization
12-14 de outubro de 2020
Na escola de outono ALOP (Algorithmic Optimization - Universität Trier) sobre a Optimización Binivel, daranse charlas introductorias sobre temas relacionados con problemas tanto lineales como aqueles denominados como mixed-integer, ademais de tratar a relación entre a optimización binive, MPEC e as desigualdades variacionais. Os oradores confirmados son Martine Labbé (Université Libre de Bruxelles), Ivana Ljubic (ESSEC Business School of Paris) e Didier Aussel (Université de Perpignan).
Debido ás circunstancias actuais, a escola de outono terá lugar en liña a través da aplicación Zoom. O rexistro e a participación son de balde, proporcionando a todos os participantes certificados de asistencia. A data límite de inscrición é o 28 de setembro de 2020. Tamén se está estudando organizar unha sesión onde todos os participantes poidan presentar a súa investigación actual en breves charlas de 3 minutos.
Máis información: https://alop.uni-trier.de/event/autumn-school-on-bilevel-optimization/

4.- XVIII Concurso Student de Estatística Aplicada
O Servei d’Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona ten o pracer de anunciarvos a próxima edición do XVIII Concurso STUDENT de Estatística Aplicada.
Mediante este concurso, o Servei d’Estadística Aplicada e o Institut d’Estadística de Catalunya queren potenciar o espírito investigador e o gusto pola Estatística Aplicada entre os estudantes das diferentes universidades do Estado español, así como dar a coñecer o papel destacado da Estatística na obtención de novos coñecementos tanto á comunidade universitaria como á sociedade en xeral.
Os aspirantes deberán afrontar a análise dun conxunto de datos, enmarcado nun problema real, para o cal terán que propoñer unha solución. A base de datos así como o contido do traballo deberán ser inéditos e de temática libre.
Poderán optar ao concurso todos os estudantes de grado ou de mestrado que estean matriculados este curso académico 2019-20 en calquera universidade do Estado español.
Outorgaranse tres premios:

  • Premio Idescat ao mellor traballo de mestrado: dotación económica de 500 euros.
  • Premio SEA - Anna Espinal ao mellor traballo de grao: dotación económica de 500 euros.
  • Premio Almirall ao mellor traballo en bioestatística: dotación económica de 500 euros.

Data límite para enviar os traballos: 6 de Setembro de 2020.
Entrega de premios: Dia de d’Estadística a Catalunya (20 de outubro de 2020).
Máis información: https://sct.uab.cat/estadistica/es/content/concurso-student-de-estad%c3%adstica-aplicada

5.- Concurso de análise de datos “200 anos de Florence Nightingale”
O colectivo Rladies España (nodos de Barcelona, Madrid e Bilbao) en colaboración coa Sociedade Española de Biometría e a Sociedade Catalá de Estatística comprácense en anunciar o concurso 200 anos de Florence Nightingale no que propón analizar os datos que Florence recompilou durante a Guerra de Crimea (1853-1856).
Máis información: https://github.com/rladies/spain_nightingale/blob/master/README.md

6.- I Congreso Virtual da Sociedad Española de Epidemiología (SEE) e da Associação Portuguesa de Epidemiologia (APE)
21-23 e 29-30 de outubro de 2020
A Sociedad Española de Epidemiología, xunto á Associação Portuguesa de Epidemiologia, celebrará a súa Reunión Científica anual en FORMATO VIRTUAL, trasladando ao 2021 a próxima Reunión presencial de Bilbao, prevista para ese ano co fin de garantir a seguridade de todos os nosos socios e socias, poñentes e participantes.
Celebrarase durante cinco xornadas, en horario de tarde, repartidas en dúas semanas, para así facilitar un aproveitamento adecuado de todos os seus contidos. Reducíronse as cotas de inscrición para facilitar a participación, mantendo o programa científico e facilitando unha distribución de sesións que permita a participación e interacción entre os/as asistentes, poñentes e comunicantes.
Máis información: https://www.reunionanualsee.org/

6.- Contrato de investigador en innovación tecnolóxica en Bahia Software
O candidato participará na definición, implementación e desenvolvemento de proxectos transversais de ámbito europeo e de base tecnolóxica no sector sanitario:

  • Encargarase da execución de proxectos de innovación en marcha garantindo a súa viabilidade técnica, cumprimento de fitos, corrección de desviacións, asegurando a calidade e o progreso do plan de traballo fixado e a execución correcta dos entregables acordados.
  • Participará reunións de consorcios de proxectos.
  • Elaborará dos principais entregables dos proxectos.
  • Colaborará na definición de proxectos de innovación colaborando con socios funcionais (médicos, radiólogos, patólogos, etc) e tecnolóxicos participando na preparación de propostas nacionais e europeas para a consecución de financiamento público para a execución destes proxectos.

Estudos requiridos:

  • Grao de doutor en ciencias da saúde
  • Licenciatura en bioinformática, matemáticas, enxeñería, bioloxía Experiencia e capacidades desexadas
  • Experiencia en desenvolvemento de modelos multimodales de intelixencia artificial
  • Experiencia no manexo de datos ómicos (xenómica, proteómica, etc)
  • Experiencia na resolución de problemas empregando técnicas baseadas en datos.
  • Experiencia en uso de linguaxes de programación ( SAS, R, Python…)
  • Experiencia no uso de ferramentas de recoñecemento de patróns, preparación e visualización de datos, manexo de datos non estruturados.
  • Experiencia en investigación en saúde Idiomas, actitudes, inquietudes etc.
  • Español e inglés avanzado.

Proxectos asociados á candidatura

  • O proxecto HUTER (Human Uterus Cell Atlas) finánciase través do programa Horizon 2020 e ten como obxectivo a creación dun mapa celular do útero humano para comprender, célula a célula, todas as relacións e cambios xenéticos e proteómicos, incluíndo información espacial, involucrados neste importante órgano.
    O proxecto CHAIMELEON tamén se financia a través do programa Horizon 2020 e ten como obxectivo a creación dun gran repositorio de imaxes médica oncolóxicas (máis de 10 millóns de entradas) para o desenvolvemento de biomarcadores dixitais e algoritmos de IA destinados a ciberseguridade. Baía Software encárgase da a harmonización do repositorio e o desenvolvemento de ferramentas de apoio á investigación baseada nun motor de simulación multimodal que permita relacionar variables relacionadas co cancro.

Contacto e candidaturas:
Envío de CVs a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Departamento de RRHH, +34 981 555 315, www.bahiasoftware.es, Rúa das Hedras 4, Local 1, Polígono Novo Milladoiro | 15895 | AMES (A Coruña).

7.- Oferta de traballo para matemático (optimización, aprendizaxe automática)

  • Oferta para matemático: algoritmos, optimización e aprendizaxe automática. Vigo, España. € 32k - € 38k.
    • Actividades do posto:
      • Colaborar nun proxecto multidisciplinario de I+D, a tempo completo (participación mínima de 1 ano, opción de estender indefinidamente).
      • A partir da primavera de 2021.
      • Traballar baixo o Director Técnico da compañía.
      • Apoio e coordinación de esforzos nos equipos de Enxeñaría e Desenvolvemento de Software.
      • Proporcionar información de alto nivel sobre a estrutura dos métodos de análises.
      • Axudar a desenvolver novos algoritmos de cálculo optimizados.
      • Explorar novas formas de optimización topolóxica mediante GPU, Machine Learning e AI.
      • Axudar a desenvolver a estrutura xeral de datos abertos, incluído un novo tipo de arquivo.
      • Preparación de artigos científicos.
    • Perfil do candidato:
      • Que estea en disposición dos títulos académicos requiridos, como por exemplo o Doutoramento en Matemáticas – Optimización.
      • Dominio de inglés nativo español profesional (ou ao revés).
      • Máis de 3 anos de experiencia en algoritmos/investigación en optimización de topoloxía.
      • Competencia en ferramentas de software matemático
      • Experiencia en programación
      • Organizado pero práctico, enxeñoso e cunha mentalidade flexible
      • Compromiso coa sostenibilidade e a loita contra o cambio climático
    • Outras características altamente valoradas:
    • Interese/experiencia en enxeñaría.
    • Ofrecemos:
      • Salario competitivo.
      • Horario flexible, poidéndose levar unha parte a cabo de forma remota.
      • Axudar a presentar importantes avances en sostenibilidad global contra o cambio climático.
    • A compañia:
      • Startup de enxeñaría situada en Vigo, comprometida coa I+D e a sostenibilidade.
      • Pequeno pero crecente equipo que reúne a profesionais novos e especializados de todo o mundo.

Si está interesado, envíe o seu CV a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (asunto: MAT1).

8.- Concurso de praza de Profesor Axudante Doutor na Universidad de Málaga
A Universidad de Málaga informa que se convoca unha praza de Profesor Axudante Doutor na área de Estatística e Investigación Operativa. O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles contados a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial de la Junta de Andalucía (20 de xullo de 2020).
Máis información: https://www.juntadeandalucia.es/boja/2020/138/43

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates