Novas da SGAPEIO, 25 de mazo 2021

1.- XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. Segunda circular
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) celebrará en Santiago de Compostela, do 4 ao 6 de novembro de 2021, o XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Vén de habilitarse unha páxina web na dirección http://xvcongreso.sgapeio.es/, onde se atopará toda a información sobre as actividades do congreso e se poderá facer a inscrición e o envío de comunicacións.
En concreto, xa é posible enviar os traballos tanto se se van a presentar en forma oral como en formato póster. Os traballos poderán remitirse en galego, castelán, portugués ou inglés indistintamente. O prazo para o envío de traballos remata o 5 de xullo.

2.- XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3442-xi-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos.

3.- Bases da Fase Nacional do Concurso “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”
A Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO), a través do comité de organizadores locais dos concursos “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”, vén de aprobar as bases do concurso a nivel nacional.
Máis información en: http://www.seio.es/Incubadora/II-Fase-Nacional-del-Concurso-Tipo-Incubadora-de-Sondeos-y-Experimentos-4.html

4.- Publicación do Número 57 do Informest
Vén de publicarse neste mes de marzo, o número 57 do Informest, o boletín da SGAPEIO. Podes acceder a lectura ou descarga desta publicación en
https://www.sgapeio.es/index.php/2-uncategorised/3472-numero-57-de-informest

5.- Convocatoria VIII edición do concurso Explícoche Matemáticas 2.0
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, convoca a IX edición do concurso Explícoche matemáticas 2.0, o seu obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.
Máis información en:
https://www.usc.gal/gl/servizos/snl/

6.- Bolsas para estadías de investigadores/as novos/as 2021 - BIOSTATNET
A Rede Nacional de Bioestatística, lanza la "BOLSA DE ESTANCIAS JÓVENES INVESTIGADORES 2021".
O obxectivo do Programa é potenciar o coñecemento do persoal membro de grupos de investigación na área da Bioestatística, especialmente daqueles que se atopan na súa etapa de formación.
Máis información: www.biostatnet.com.

7.- XIV Foro de Interacción Matemática Industria
O XIV Foro de Interacción Matemática Industria terá lugar o venres 4 de xuño de 2021 no Edificio do Centro de Investigación en Ciencias da Tecnoloxía da Información e as Comunicacións (CITIC), (UDC).
Esta proposta anual, xa na súa decimocuarta edición, é unha iniciativa dos grupos de Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa das tres universidades galegas, que consolidan a súa labor de transferencia de tecnoloxía á industria e ó sector productivo a través de ITMATI.
Máis información: http://www.itmati.com/XIV-foro

8.- European Meeting on Game Theory 2021 (SING16)
O European Meeting on Game Theory 2021 (SING16), organizado polo Departamento de Económicas da Universidade de Granada (España) terá lugar do 30 de xuño ó 2 de xullo de 2021 de maneira virtual.
Máis información en: https://congresos.ugr.es/sing16/

9.- Seminarios GEOMED
O GEOMED organiza unha serie de conferencias interdisciplinarias sobre estatística espacial e epidemiolóxica así coma aspectos xeográficos de saúde pública. Máis información sobre datas e poñentes en: https://sites.uci.edu/geomed2022/events/

10.- CFP CAEPIA 20/21
A Conferencia da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (CAEPIA) é un foro bienal aberto a investigadores de todo o mundo para presentar e debater os seus últimos avances científicos e tecnológicos en Intelixencia Artificial (I.A.). Terá lugar en Málaga do 22 ó 24 de setembro na modalidade híbrida online/presencial.
Máis información en: https://caepia20-21.uma.es/inicio.html

2021  SGAPEIO   globbers joomla templates