ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 30 de novembro 2022
1.- Publicación do Nº 62 do Informest
Infórmase a todos os socios da saída do novo número do Informes, incluíndo todas as seccións habituais como son o artigo de Colaboración, de Software, de Actividades da SGAPEIO e Novas, así como tamén as Novas do IGE, os Traballos de Estatística e IO, a sección de Coñecéndonos, esta vez dedicada a Jacobo de Uña, e o Sabías que? Queríamos salientar igualmente o artigo en lembranza a Alejandro Quintela Del Río, socio fundador da SGAPEIO, recentemente falecido, no que compañeiros e amigos comparten con nós momentos e vivencias na súa compaña, amosándonos a traxectoria dun docente innovador e investigador brillante, ademais do seu carisma e calidade humana.
Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/publicacions/libro-xii-incubadora/2-uncategorised/3571-numero-62-de-informest
2.- Publicación do libro XII Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Entre O 2022 foi un ano especial no marco da Incubadora de Sondaxes e Experimentos, o comezo dunha volta á normalidade, ao desenvolvemento sen limitacións da actividade investigadora de rapazas e rapaces da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. O orixinalidade e a actualidade dos temas, así como a innovación e corrección formal ao tratalos, quedan patentes no novo Libro XII Incubadora de Sondaxes e Experimentos, que ven de publicarse recentemente, sendo accesible a través da ligazón https://www.sgapeio.es/index.php/publicacions/libro-xii-incubadora
3.- Asemblea Xeral da SGAPEIO
1 de decembro de 2022, Santiago de Compostela
O día 1 de decembro de 2022, ás 18:00, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a Asemblea Xeral da SGAPEIO. Previamente, se impartirá un completo e actual programa de relatorios en relación tanto á Investigación de Operacións como á Estatística nos eidos da investigación e da administración, ao que se convida a todos os socios.
- 17:00. Non hai para todos: buscando un equilibrio xusto. Autores: Miguel Ángel Mirás Calvo e Estela Sánchez Rodríguez. Resumo: Un problema de repartimento ten lugar cando temos que distribuír unha cantidade fixa entre un conxunto de axentes cos mesmos dereitos que reclaman diferentes cantidades e de xeito que a contía inicial da que dispoñemos non chega para cubrir todas as peticións. Por exemplo, podemos pensar na quebra dunha empresa na que un conxunto de acredores demandan certas cantidades ou cando hai que distribuír un stock entre unha serie de pedidos. Neste relatorio faremos unha viaxe desde a primeira definición de xustiza de Aristóteles percorrendo algunhas das regras máis coñecidas. En particular, falaremos da familia de regras que son medias de variables aleatorias definidas sobre o politopo convexo de asignacións factibles. Buscando equilibrios xustos chegaremos ata Arquímedes e mostraremos cuns xogos algunhas curiosidades dos puntos de equilibrio.
- 17:20. A Estatística Pública …., para que? Autora: María Esther López Vizcaíno. Resumo: A estatística pública constitúe un elemento indispensable do sistema de información dunha sociedade democrática, que proporciona, ás institucións oficiais, ó sector económico e ó público, datos acerca da situación social, económica e demográfica. Con este fin os organismos responsables da estatística pública deben facilitala con imparcialidade para que os cidadáns poidan exercer o seu dereito de acceso á información pública. Tendo en conta este marco, nesta presentación farase un percorrido por varios exemplos reais de uso da Estatística Pública. Son exemplos que inciden na toma de decisións, e, polo tanto, no día a día dos cidadáns.
- 17:40. O poder "curativo" da estatística: os modelos de curación. Autora: María Amalia Jácome Pumar. Resumo: En moitos estudios, a variable de interese é o tempo que transcorre ata un determinado suceso (morte dun paciente, entrada na UCI, etc). Os métodos clásicos de Análise de Supervivencia asumen que toda a poboación é susceptible de experimentar o evento (p.e. tarde ou cedo todos os pacientes morrerán). Porén cada vez son mais frecuentes os casos nos que esta suposición non é correcta (p.e. non todos os pacientes entrarán na UCI). Os individuos libres de experimentar o suceso dinse “curados”. Os Modelos de Curación son procedementos relativamente recentes que modelizan esta situación, estimando por unha banda a probabilidade de experimentar o suceso (incidencia), e pola outra, a distribución do tempo ata o suceso da subpoboación que sí é susceptible de experimentar o evento. Os métodos ilustraranse cun exemplo de datos reais relacionados coa Medicina.
4.- Seminario de Estatística e Investigación Operativa
1 de decembro de 2022, Santiago de Compostela
Anímase a todos os socios á asistencia ao Seminario de Estatística en Investigación de Operacións que se impartirá o próximo 1 de decembro na Facultade de Matemáticas, con seguinte programa:
- 16:00-16:30: “Learning for Spatial Branching: An Algorithm Selection Approach” (Brais González Rodríguez, Universidade de Santiago de Compostela).
- 16:30-17:00: “Alternating projection approach for a continuous formulation of convex and cardinality-constrained optimization” (Marcos Raydan, NOVAMATH-CMA, Universidade NOVA de Lisboa).
- 17:00-17:30: “Counterfactual Decisions: A Mathematical Optimization Problem in Explainable Machine Learning” (Emilio Carrizosa, IMUS, Universidad de Sevilla).
Data: 1 de decembro de 2022. Lugar: Aula seminario departamento Estatística e Investigación Operativa (USC).
Hora: 16:00-17:30 h.
Máis información: http://eio.usc.es/index.php/es/los-seminarios/375-seminario-01-12-2022
5.- XIX Congreso Español e VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (CEB-EIB 2023)
27 ao 30 de xuño de 2023, Vigo
Entre os días 27 e 30 de xuño de 2023 terá lugar en Vigo o XIX Congreso Español de Biometría (CEB). Nesta ocasión, a conferencia celebrarase conxuntamente co VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (EIB) e contará coa participación das rexións Arxentina, Brasileira, Centroamericana e Caribeña, Chilena e Ecuatoriana da International Biometric Society (IBC).
O Congreso está organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e o grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research), respondendo á petición da Sociedad Española de Bioestadística (SEB). A organización do congreso tamén estará sustentada por profesionais de Arxentina, Brasil, Centroamérica e Caribe, Chile e Ecuador.
O obxectivo xeral do CEB-EIB 2023 é a difusión dos resultados obtidos no desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos en Bioloxía, Medicina, Psicoloxía, Farmacoloxía, Agricultura e outras ciencias afíns.
Desde o Comité Organizador anímase a toda a comunidade científica a enviar e presentar traballos. As presentacións de estudantes e xoves investigadoras/es son especialmente benvidas.
- DATAS IMPORTANTES
- Apertura envío de comunicacións: 1 de decembro de 2022.
- Apertura de inscrición: 9 de xaneiro de 2023.
- Data límite de envío de comunicacións: 4 de marzo de 2023.
- Data límite de inscrición reducida: 14 de abril de 2023.
- Curso previo: 27 de xuño, 2023.
- Congreso: 28-30 de xuño, 2023.
- CONFERENCIAS PLENARIAS (CONFIRMADAS)
- Anabel Forte Deltell (Universitat de València, España; Presidenta da SEB).
- Andreas Mayr (Universität Bonn, Germany).
- CURSO PREVIO
- "Introdución aos Modelos de Curación" impartido por María Amalia Jácome and Ricardo Cao (Universidade da Coruña, Spain).
Máis información: http://cebeib2023.webs.uvigo.es, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
6.- III Sevilla Mixed-integer nonlinear programming (MINLP) Workshop
30-31 de marzo de 2023, Sevilla
O III Sevilla MINLP Workshop será un congreso que se celebrará en Sevilla (España) os días 30 e 31 de marzo de 2023.
- Relatores plenarios: Prof. Adrian Lewis (Universidade de Cornell, EE.UU.) e Prof. Martin Schmidt (Universidade de Trier, Alemaña).
- Presentación de resumos (ata 1000 caracteres): do 1 de setembro ao 18 de decembro de 2022
- Notificación de aceptación: antes do 23 de decembro de 2022
- Cota de inscrición do 1 de outubro ao 31 de xaneiro: 200 euros
- Cota de inscrición a partir do 1 de febreiro: 300€.
En ambos os casos, a cota de inscrición inclúe a asistencia ás sesións, as pausas para o café, os xantares e a cea de gala.
O comité organizador ofrece ata 10 bolsas que inclúen a metade da cota de inscrición, á fin de que os estudantes poidan asistir ao Workshop (é necesario xustificar a condición de estudante).
Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Páxina web: https://www.imus.us.es/congresos/3sminlp/
7.- Operational Research for Development and Developing Countries, FORS 2023
10-14 de xullo de 2023, Santiago de Chile
O 23º Congreso da Federación Internacional de Sociedades de Investigación Operativa (IFORS) terá lugar en Santiago, Chile, no verán de 2023. A agrupación industrial "IO para o desenvolvemento e os países en desenvolvemento" ten como obxectivo involucrar a todos os profesionais da IO, EM e Analytics para o desenvolvemento, promovendo o intercambio de experiencias, ideas e plan futuros neste eido.
Os temas da agrupación industrial inclúen todos os aspectos do desenvolvemento e os países en desenvolvemento, co apoio da OR-MS / Analytics. Se está interesado en presidir unha sesión cun tema novo, non dubide en poñerse en contacto coa organización do congreso.
Algunhas sesións xa están en preparación, estando aberto o prazo para a presentación de resumos para:
- Workshop EWG-ORD.
- A Intelixencia Artificial (IA) para os países en desenvolvemento.
- A IA no desenvolvemento económico de Sudáfrica.
- Prácticas sostibles para os países en desenvolvemento. +
O sistema de presentación de resumos está dispoñible en liña a través da ligazón https://www.euro-online.org/conf/ifors2023/
Os resumos deben estar escritos en inglés cun máximo de 2.500 caracteres; a data límite de presentación é o 15 de marzo de 2023.
Máis información: https://ifors2023.com/
8.- Inscrición de mentoras para o programa SteMatEsElla
A Real Sociedad de Matemática Española informa que ata o 16 de decembro está aberta a inscrición para ser mentora ou mentee na cuarta edición do programa SteMatEsElla, unha proposta conxunta entre a Real Sociedad Matemática Española e a Asociación Española de Ejecutiv@s y Consejer@s EIXO&CON, coa colaboración do Basque Center for Applied Mathematics (BCAM) e o Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT).
O obxectivo do programa é impulsar a carreira profesional, xa sexa científica ou empresarial, de mulleres estudantes de grao, mestrado e doutoramento en áreas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas).
A dinámica consiste en poñer en contacto ás estudantes con mulleres profesionais do ámbito da ciencia ou a empresa, de modo que estas últimas compartan a súa experiencia coas máis novas e exerzan un labor de titorización e consello ao longo de varias sesións. O programa de mentorazgo está xestionado por Ackerman Internacional.
Máis información: https://ejecon.org/stematesella/
9.- Premio á Mellor Tese Doutoral en Humanidades Dixitais
A Sociedade Internacional de Humanidades Dixitais Hispánicas (HDH) e a Fundación BBVA convocan, de maneira conxunta, a segunda edición do Premio Sociedade Internacional de Humanidades Dixitais Hispánicas – Fundación BBVA á Mellor Tese Doutoral desenvolvida no campo das Humanidades Dixitais.
A HDH ten entre os seus obxectivos desenvolver instrumentos que fomenten unha investigación innovadora e de calidade no ámbito das Humanidades Dixitais. Unha finalidade complementaria co impulso da investigación científica e a creación cultural no que a Fundación BBVA centra a súa actividade.
Deste xeito, ambas as institucións decidiron establecer unha convocatoria de premios de ámbito estatal para recoñecer o traballo levado a cabo por investigadores cuxas teses doutorais representen un avance significativo neste campo. Os premios que aquí se presentan recoñecen, con periodicidade anual, contribucións que, desde a innovación, a creatividade, a orixinalidade e a rigorosidade científica no campo das Humanidades Dixitais, utilicen as tecnoloxías da información ou outras técnicas, ferramentas, metodoloxías computacionais e procesos de automatización avanzados, ou estean relacionadas co ecosistema dixital, e presenten unha elevada capacidade para facer avanzar o coñecemento producido nas disciplinas humanísticas. O seu obxectivo é, de modo complementario, servir de estímulo aos mozos investigadores que desenvolven o seu labor neste ámbito.
Toda a documentación necesaria relativa ao premio será enviada en formato dixital á dirección electrónica Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. desde o 7 de novembro de 2022 ata as 14:00 horas (hora peninsular española) do 31 de xaneiro de 2023.
Máis información: https://www.fbbva.es/premios/ii-edicion-premio-a-la-mejor-tesis-doctoral-en-humanidades-digitales/
10.- Convocatoria do Premio José Luis Rubio de Francia 2022
A Real Sociedade Matemática Española (RSME), co patrocinio da Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade de Zaragoza, convoca o Premio de Investigación José Luis Rubio de Francia (edición 2022) para mozos investigadores/as en Matemáticas, dotado con 3.000 €. O prazo de presentación das candidaturas estará aberto desde o día 18 de novembro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022 (ás 18:00 horas). Tras o peche da recepción candidaturas, e a revisión destas, abrirase un prazo de corrección de 15 días naturais.
Os/as candidatos/as deberán presentar, na dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., os seguintes documentos:
- Solicitude de participación debidamente asinada.
- Fotocopia do DNI ou pasaporte (en vigor).
- Fotocopia do título de doutor.
- Breve exposición (en castelán e en inglés) dos resultados de investigación polos que se solicita o premio. Máximo 5 páxinas.
- Breve CV do candidato. Máximo 4 páxinas. Recoméndase incluír ligazóns ás publicacións.
- Documentación sobre os méritos científicos relevantes do candidato ou candidata. Non se considera necesario achegar copias dos artigos se se achegou unha ligazón a unha versión electrónica. Tampouco se considera necesario achegar certificados de asistencia a congresos.
- Os documentos anteriores deben presentarse en formato PDF.
Ademais, deberanse achegar exactamente dúas cartas de recomendación en inglés. Ditas cartas serán enviadas polos/as profesores/as asinantes á dirección electrónica antes mencionada. Admitiranse cartas enviadas ata o día 15 de xaneiro de 2023.
Máis información: https://www.rsme.es/2022/11/convocatoria-del-premio-jose-luis-rubio-de-francia-2022/
11.- Convocatorias de contratos no Basque Center of Applied Mathematics
O Centro Vasco de Matemática Aplicada - BCAM ofrece as seguintes prazas:
- Programa de investigadores visitantes. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1e2Cj6OE6Mpv5BbR43XP10IZufQaTTu43/view
- Contrato profesor de investigación: IC2022_07 Posto permanente en Estatística Aplicada. Ligazón: http://www.bcamath.org/es/research/job/ic2022-07-permanent-position-in-applied-statistics
- Praza de investigador postdoutoral: IC2022_10 Investigador postdoutoral Machine Learning for Energy Forecasting - IA4TES. Ligazón: http://www.bcamath.org/es/research/job/ic2022-10-postdoctoral-researcher-machine-learning-for-energy-forecasting-a-ia4tes
- Praza de investigador postdoutoral: IC2022_10 Bolseiro postdoutoral para o desenvolvemento e validación de metodoloxía estatística para a modelización de enfermidades crónicas - BMTF. Ligazón: http://www.bcamath.org/es/research/job/ic2022-10-postdoctoral-fellow-for-the-development-and-validation-of-statistical-methodology-for-chronic-disease-modelling-bmtf
- Bolsa de doutoramento: IC2022_11 Doutoramento no desenvolvemento de aprendizaxe automática para sistemas de polímeros – CINEMA. Ligazón: http://www.bcamath.org/es/research/job/ic2022-11-phd-on-developing-machine-learning-for-polymer-systems-cinema
- Contrato para técnico estatístico: Técnico de investigación en aprendizaxe automática e aplicacións críticas de seguridade - AXA Research Fund. Ligazón: http://www.bcamath.org/es/research/job/ic2022-10-research-technician-in-machine-learning-and-safety-critical-applications-a-axa-research-fund
12.- Procura de candidatos para contratos de predoutoramento na Universidad Miguel Hernández
O grupo de investigación en Ciencia de Datos y Objetivos de Desarrollo Sostenible (DATOS) do Instituto Universitario Centro de Investigación Operativa (CIO) da Universidad Miguel Hernández (UMH) de Elxe busca candidatos para próximas convocatorias predoutorais con fondos de investigación do grupo, con posibilidade de participar tamén en futuras convocatorias competitivas.
O perfil requirido é o de estudantes de mestrado ou xa titulados e cunha sólida formación no eido das matemáticas, a estatística, a investigación operativa e a informática. En calquera caso, os candidatos deben estar en condicións de matricularse nun programa oficial de doutoramento durante o curso académico 2022-2023.
As persoas interesadas que prevexan incorporarse ao programa de doutoramento no ano 2022 deben enviar á dirección de correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) os seguintes documentos:
- Informe motivador do interese en traballar nunha ou varias liñas de investigación do grupo DATOS,
- listaxe de investigadores do grupo DATOS cos que se estaría interesado en facer unha tese doutoral (valórase o acordo previo de dirección de tese doutoral),
- CV, e
- copia de expediente académico.
Os posibles candidatos interesados que estean en condicións de incorporarse ao programa de doutoramento como máximo en febreiro-marzo de 2023 poden enviar a mencionada documentación non máis tarde do 15 decembro de 2022.
As prazas de predoutoramento poden ter unha duración de ata 2 anos en contratos anuais avaliables e sucesivos. O importe bruto anual de cada contrato é de 22.192, 80 euros.
Máis información e contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.