Novas SGAPEIO 05-febreiro-2013

1.- III Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que o prazo para inscribirse na III edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos remata o venres desta semana, día 8 de febreiro de 2013.
Toda a información sobre o concurso está na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

2.- Asemblea Xeral da SGAPEIO
Como xa anunciamos, o día 16 de febreiro de 2013 terá lugar, no salón de actos da Facultade de Matemáticas, a apertura do Ano Internacional da Estatística e a Asemblea Xeral da SGAPEIO.
Programa:

- 10:30-11:00: Acto de apertura do Ano Internacional da Estatística.
- 11:00-12:15: Conferencia “Ata onde as finanzas se poden contar”.
Silvia Barco Tato
Directora de Control Financiero e Middle Office no Banco Gallego
- 12:15-12:45: Pausa.
- 12:45-14:00: Asemblea Xeral da SGAPEIO.

Despois da Asemblea terá lugar unha comida de confraternidade (aprox. 25 € por persoa). Se estás interesado en asistir, envía unha mensaxe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o teu nome.
Resumo da conferencia:
As finanzas cuantitativas son a parte das finanzas que se poden contar, ou o que é o mesmo, a parte das finanzas ás que se lles aplican as matemáticas financeiras, sobre todo a estatística.
Este tipo de técnicas son especialmente útiles na xestión de carteiras, a xestión de risco e a valoración de derivados:
• En xestión de carteiras nocións como rendibilidade media e covarianzas para activos permiten cuantificar o concepto de "diversificación".
• A meirande parte dos riscos financeiros implican situacións que se desenvolven ao longo do tempo, por tanto os modelos baseados nos procesos estocásticos resultan ser os máis axeitados para a xestión do risco.
• Para a valoración de derivados, métodos de simulación, como o método de Montecarlo, son usados en finanzas dende os anos 40.
Estes tres temas son o punto de partida de miles de teses, métodos, modelos… nos que as matemáticas, en concreto a estatística, e as finanzas fusiónanse nunha única materia.

3.- Oferta de contrato na UDC
Convocatoria de contrato con cargo ao proxecto "Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia. Modalidade de grupos de referencia competitiva (CN2011/004)".
- Lugar: Departamento de Matemáticas - Facultade de Informática.
- Titulación: Licenciado en Matemáticas ou enxeñeiro en informática.
- Duración: 2 meses.
Máis información: http://dm.udc.es/matematicas/es/node/638

4.- Data Scientist/Analista BI/Data Miner para Linea Directa
A Compañía Línea Directa (Grupo Bankinter) busca un Data Scientist/Analista BI/Data Miner para aplicar métodos de Data Mining e Machine Learning co obxectivo de mellorar a experiencia de compra do usuario e, deste xeito, maximizar, fidelizar, reter as ventas. Formación requerida: Diplomatura ou Licenciatura na Área de Ciencias (Matemáticas, Estatística, Enxeñería).
Máis información: http://goo.gl/srEHk

5.- Curso de meta-análise en rede (2ª edición)
O Centro Cochrane Iberoamericano organiza a segunda edición do curso "Meta-análise en rede (network meta-analysis) con comparacións directas e indirectas", que se vai impartir os días 28 de febreiro e 1 de marzo de 2013 en Barcelona.
- Duración: 16h
- Lugar: Hospital de la Santa Creu i Sant Pau, Barcelona
- Importe da matrícula: 250€
- Período de inscrición: a partir do 1 de febreiro de 2013.
Máis información: http://cochrane.es/network_metanalysis_2013/

6.- Curso de mini-vídeos docentes modulares
Xa está aberta a inscrición ao primeiro Massive Online Open Course (MOOC) sobre mini-vídeos titulado "Mini-vídeos docentes modulares: un elemento crítico no deseño dun MOOC". A inscrición é gratuita.
- Coñecementos necesarios: non se requiren.
- Data de inicio: 25 de febreiro de 2013.
- Duración: 8 semanas.
Máis información: http://miriadax.net/web/videos_docentes

7.- Premios de investigación da Real Academia de Ciencias
A Real Academia Galega de Ciencias fai pública a convocatoria dos seus Premios de Investigación para o ano 2013, que teñen como obxectivo promover a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento integradas na Academia, a través do recoñecemento académico e social do esforzo dos investigadores.
Convócanse dous premios:
- Un de 6.000 euros, para un Traballo de Investigación realizado por investigadores sénior.
- Un de 2.000 euros, para incentivar a Promoción de Novos Investigadores menores de 28 anos.
O traballos tratarán temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas seguintes: Matemáticas, Física, Física do Cosmos, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Farmacia, Ciencias Sociais, Económicas e Ciencias Técnicas.
Prazo da convocatoria: ata o 8 de xullo de 2013.
Máis información: http://www.ragc.cesga.es/

8.- Primeiras Xornadas Virtuais en Didáctica da Estatística, Probabilidade e Combinatoria
Dentro do marco do International Year of Statistics (Statistics2013), o Grupo de Investigación en Didáctica de la Estadística, Probabilidad y Combinatoria da Sociedad Española de Investigación en Educación Matemática (SEIEM) e o Grupo de Educación Estadística da Universidad de Granada organizan as Primeiras Xornadas Virtuais en Didáctica da Estatística, Probabilidade e Combinatoria, que celebrarán de maneira virtual o 5 e 6 de abril de 2013.
Existen dúas modalidades de participación nas xornadas como conferenciante, unha a través de traballos completos e outra en formato póster virtual. Para ámbolos dous tipos é necesario inscribirse na web das xornadas e enviar un resumo do traballo con menos de 1.500 carácteres (espazos incluídos) antes do 28 de febreiro de 2013.
A participación nas Xornadas é GRATUITA, tanto en modalidade de asistente virtual, como na de presentación de comunicacións.
Máis información: www.jvdiesproyco.es

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates