Novas SGAPEIO 19-febreiro-2013

1.- Reunión do Consello Executivo
O día 14 de xaneiro de 2013 celebrouse una reunión do Consello Executivo por vídeoconferencia. A acta desta reunión está dispoñible na páxina Web da SGAPEIO, no apartado de "Actas e Informes".

2.- Apertura do Ano Internacional da Estatística
O dia 16 de febreiro de 2013 tivo lugar, na Facultade de Matemáticas, a apertura do Ano Internacional da Estatística coa conferencia titulada “Ata onde as finanzas se poden contar”, impartida por Silvia Barco Tato, Directora de Control Financiero e Middle Office no Banco Gallego. A presentación desta conferencia, en formato pdf, está dispoñible na páxina Web da SGAPEIO, no menú "Formación e Actividades - Ano Internacional".

3.- Premio da SGAPEIO a investigadores novos
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, convoca un premio á mellor comunicación presentada no XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións por un investigador menor 30 anos. Os candidatos ao premio deberán presentar a súa comunicación nunha sesión especial do congreso. Máis información: http://xisgapeio.udc.es/

4.- Rally Matemático sen Fronteiras 2013
IGACIENCIA (www.igaciencia.eu) convoca unha nova edición do Rally Matemático sen Fronteiras, e a I edición do Rally sen Fronteiras de Ciencias. Os principais obxectivos destes Rallyes son:
-Promover a Ciencia e as Matemáticas entre os estudantes.
-Demostrar que os temas de Ciencias e Matemáticas non está reservados para a elite, son atractivos e accesibles para todos.
-Favorecer o traballo en equipo.
-Vivir as Ciencias valorando imaxinación, dinamismo e creatividade.
-Abrir as fronteiras e participar nun mesmo concurso de Ciencias con alumnos doutros países.
Mais información: http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=taxonomy/term/11

5.- II Congreso de Software Libre
O II Congreso de Software Libre para STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) celebrarase en Lugo os días 1 e 2 de xullo de 2013. O Congreso pretende ser o lugar de encontro de todos os profesionais e profesores que utilizan na súa profesión, na súa empresa, ou no seu centro educativo, o software libre.
As actas do I Congreso de Software Libre serán entregadas neste congreso.
Mais información: http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=node/33

6.- VII Feira Matemática
Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e, xa polo quinto ano, os de Agapema da Zona de A Coruña, celébrano cunha FEIRA MATEMÁTICA.
A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.
Este ano a VII FEIRA MATEMÁTICA celebrarase o sábado 11 de maio, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata ás 19 h.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/49

7.- Axudas da UPV para a iniciación na investigación
A Unidad de Formación e Investigación en Matemáticas da Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV/EHU) convoca 3 axudas para alumnos universitarios que estean interesados en iniciarse no ámbito da investigación. Os seleccionados traballarán durante dous meses no campus da UPV/EHU en Leioa e participarán nunha das liñas de investigación recollidas nesta convocatoria.
Presentación de solicitudes: ata o 31 de maio de 2013.
Máis información: http://www.seio.es/Becas-y-Ofertas-de-empleo/Convocatoria-ayudas-para-la-iniciaci-n-a-la-investigaci-n.html

8.- XIV Conferencia Española de Biometría
A Sociedad Española de Biometría anuncia a celebración, na súa próxima Conferencia, dunha sesión especial dirixida a Xóvenes Investigadores, na que os participantes optarán ao Premio ao Mellor Investigador Novel.
As datas clave para rexistrarse e enviar comunicacións son as seguintes:
- 1 de marzo 2013: data límite para o envío de comunicacións.
- 25 de marzo de 2013: notificación de aceptación dos traballos por parte do Comité Científico.
- 8 de abril de 2013: último día de inscrición reducida.
Máis información na web da conferencia: http://areaestadistica.uclm.es/biometria2013.

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates