ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 10-decembro-2013
1.-Acta da reunión de constitución do Consello Executivo
Comunicamos que xa está dispoñible na Web da SGAPEIO, no apartado A SOCIEDADE-Actas e informes, a acta da reunión de constitución do actual Consello Executivo, que tivo lugar o pasado 21 de novembro de 2013 na Facultade de Matemáticas.
2.- Acto de clausura do Ano Internacional da Estatística
Lembramos que a vindeira semana, o xoves 19 de decembro, terá lugar o acto de clausura do Ano Internacional da Estatística organizado por SGAPEIO. Emitirase un certificado de asistencia para aquelas persoas que se inscriban. A incrición é gratuíta e pode facerse dende a nosa páxina Web.
Máis información: http://goo.gl/ftF93r
3.- Oferta de traballo do GRID[ECMB]
O Grupo Interdisciplinar de Estatística, Computación, Medicina e Bioloxía, GRID[ECMB], liderado pola IP Carmen Cadarso, convoca una oferta de traballo para unha praza de xestión na Facultade de Medicina.
Traballo a realizar:
- Xestión e coordinación de actividades de investigación do GRID[ECMB].
- Potenciación e mantemento de medios de difusión do GRID[ECMB] (webs, redes sociais...).
- Elaboración de memorias científicas e solicitude de proxectos.
Presentación de solicitudes: ata o 18 de decembro de 2013.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1399_gl.pdf
4.- Curso sobre o portal educativo do IGE
O Instituto Galego de Estatística organiza o curso “Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas”.
- Datas: 13/01/2014 a 10/02/2014 (Inscrición ata o 12/12/2013).
- Lugar: Centro de formación e recursos da Coruña.
- Destinatarios: Profesores de ensino secundario. Matemáticas.
- Horas: 20
Máis información: https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54511
5.- Exposición sobre o centenario de Sixto Ríos
Dentro dos actos do Ano Internacional da Estatística 2013, a Real Academia de Ciencias realizará una exposición adicada ao centenario do nacemento de Sixto Ríos, coñecido como Pai da Estatística en España. A exposición terá lugar do 10 ao 23 de decembro de 2013 e completarase cun acto homenaxe que terá lugar o día 18 de decembro, ás 19:00 horas, na sede da Academia.
6.- XIII aniversario de AGAPEMA
A delegación de Coruña de AGAPEMA organiza unha actividade para celebrar o XIII aniversario da asociación. Haberá unha charla a cargo de Javier Méndez, profesor do CPI Dos Dices, que terá como título "Fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas a partir de competicións escolares". Este acto terá lugar o mércores 11 de decembro ás 20:00 horas no IES Otero Pedrayo de A Coruña.