ÚLTIMAS NOVAS
- Pasamento da profesora Carmen Cadarso
- Finalistas e mencións do XII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos
- Praza de Profesor Axudante na Universidad Complutense de Madrid
- Ofertas de traballo no Basque Center for Applied Mathematics - BCAM
- Oferta de traballo de ISGlobal en bioestatística (Barcelona)
Acceso socios
Novas SGAPEIO 17-xaneiro-2012
1.- II Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que, ata o día 31 de xaneiro, está aberto o prazo de inscrición para participar no concurso II Incubadora de Sondaxes e Experimentos.
Toda a información está na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es
2.- Prazas para profesores de Estatística en Chile
O Departamento de Estatística da Universidade de Valparaíso (Chile) convoca 3 prazas de profesores a xornada completa.
Presentación de solicitudes: entre o 11 de xaneiro e o 11 de febreiro de 2012.
Máis información: http://www.deuv.cl/index.php/noticias/102-llamadoconcurso2012
3.- Premio Ramiro Melendreras 2012
A Sociedad de Estadística e Investigación Operativa, en colaboración coa Fundación Ramiro Melendreras, convoca un premio ao mellor traballo presentado por un investigador novo no XXXIII Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa (http://www.seio2012.com/es/) , que se celebrará en Madrid do 17 ao 20 de abril de 2012.
A data límite para a recepción de traballos é o 16 de febreiro de 2012.
4.- Bolsas 2012 de "La Obra Social La Caixa"
La Obra Social "la Caixa" convoca 65 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de ensinanza superior de países do Espacio Europeo de Educación Superior (EEES), salvo España. A convocatoria contempla todas as áreas de coñecemento, e os estudos poden ser de máster ou doutorado.
Presentación de solicitudes: ata o 6 de febreiro de 2012.
Máis información: http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/europa_es.html
5.- Oferta para Departamento de Estatística
O Grupo de Investigación Ingeniería Estadística Multivariante de Ingeniería (GIEM, http://mseg.webs.upv.es) da Universidade Politécnica de Valencia e Shell Global Solutions International B.V. (Holanda) ofrecen un contrato de 4 anos para realizar o doutorado no Departamento de Estatística e I.O. aplicadas e calidade, da Universidade Politécnica de Valencia.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/133-oferta-de-contrato-para-realizar-tesis-doctoral