Novas da SGAPEIO 3 decembro 2014

1.- Número 38 de INFORMEST
Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, apartado de PUBLICACIÓNS, o número 38 de INFORMEST. Este número ten o seguinte sumario:
• Colaboración: Aplicacións e técnicas da Estatística e a Investigación Social
• Software: O programa R.
• Actividades da SGAPEIO:
 -Xornada de formación para elaborar proxectos de Estatística.
 -I Encontro sobre a Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía en Portugal.
• Novas do IGE: Últimas novidades en publicacións e documentos do IGE.
• Traballos de Estatística no SUG: Teses e traballos fin de máster.
• Coñecendo a un socio de SGAPEIO: Mª José Ginzo Villamayor.
• Sabías qué?: A Estatística no fútbol.
Máis información: http://goo.gl/NLlnvG

2.- 6th International Workshop on Compositional Data Analysis
CoDaWork2015 (International Workshop on Compositional Data Analysis) terá lugar en Girona do 1 ao 5 de xuño de 2015.

CoDaWork2015 ofrece un foro de discusión para persoas interesadas no tratamento estatístico e a modelización de datos composicionais, e na interpretación de modelos ou aplicacións con este tipo de datos.

Datas importantes:
Inscrición: empezou en setembro de 2014
Envío de resumos: antes do 15 de decembro de 2014
Máis información en:
http://www.compositionaldata.com/codawork2015/

3.- Curso de Recursos didácticos do portal educativo do IGE
Lembramos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Instituto Galego de Estatística (IGE) convoca o curso en rede titulado "Recursos didácticos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística".
Este curso está dirixido a profesores de ESO/Bacharelato de Matemáticas, Xeografía e Historia e Economía, e impartirase no segundo trimestre do curso 2014/15.
Data límite de inscrición: 12 de decembro de 2014.
Máis información: http://goo.gl/QiSrB3

4.- Terceira Olimpíada de Estatística
O INE, a Facultad de Estudios Estadísticos (FEE) da Universidad Complutense de Madrid e a SEIO convocan a Terceira Olimpíada Estatística para estudantes de Ensinanza Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos de grao medio.
Prazo de inscrición: do 8 ao 29 de xaneiro de 2015, ambos inclusive.
Máis información: http://www.ine.es/explica/olimpiada2015_inicio.htm

5.- Seminario na Facultade de Matemáticas
O día 11 de decembro de 2014 o Departamento de Estatística e Investigación Operativa de Santiago celebrará no salón de graos da Facultade de Matemáticas o seminario IAP-StUDyS co seguinte programa:
17:00 – 18:00: Quantiles, expectiles and extremiles: a new perspective on asymmetric least squares
Irène Gijbels. Department of Mathematics and Leuven Statistics Research Centre - KU Leuven (Belgium).
18:00 – 18:30: Descanso
18:30 – 19:30: High-dimensional tests for spherical location
Christophe Ley. Department of Mathematics - Université Libre de Bruxelles (Belgium).

6.- Oferta de emprego para o ITMATI
O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) busca 1 investigador/a para o proxecto “UNIDAD MIXTA DE INVESTIGACIÓN (UMI) REPSOL-ITMATI”. O persoal que se incorpore nesta convocatoria realizará tarefas de investigación nalgún dos ámbitos de investigación que se desenvolven na UMI: modelización, optimización, simulación numérica (modelos EDP´s), programación e computación.
Perfís dos candidatos: Doutores/as relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática.
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 5 de Decembro de 2014 ás 14:00 horas as solicitudes, que deberán incluir unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante coas experiencias adicionais a valorar na convocatoria, curriculum vitae (con teléfono móvil e correo electrónico) e o expediente académico de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Máster ou Doutorado. Se os candidatos o estiman oportuno tamén poderán achegar á súa solicitude cartas de recomendación. Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-08/2014
Máis información: http://goo.gl/5IL2Xm

7.- Oferta de emprego en Biostatech S.L.
Biostatech S.L., spin off de biostatística da Universidade de Santiago de Compostela, vai ofertar novos contratos laborais entre finais deste ano e principios de 2015.
Piden estatísticos que desenvolverán labores de asesoramento, principalmente enmacardas en traballos da área de biomedicina, con posibilidades de extensión a outros sectores como a publicidade, seguros, financeiro, etc.

Os interesados enviar o CV resumido a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

8.- Convocatoria de axudas predoutorais da Xunta de Galicia 2014
En breve publicarase a convocatoria de axudas á etapa predoutoral do Plan I2C para o ano 2014. A data de remate para a presentación de solicitudes na Xunta de Galicia será o 16 de xaneiro de 2015.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1527_gl.pdf

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates