A Fundación IDICHUS convoca unha praza de técnico de calidade:
Proxecto: Mellora da estrutura de soporte técnico e administrativo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.
Investigador Principal: Dr. Carlos Diéguez González.
Requisitos:
- Técnico FPII ou Licenciado con formación en xestión da calidade.
- Experiencia profesional mínima de 2 anos nun posto con funcións semellantes, preferiblemente no ámbito da investigación.
- Formación en normas de calidade.
- Valorarase que sexa unha persoa dinámica, responsable e con iniciativa.
Presentación de candidaturas: ata o 15 de xaneiro de 2011
Máis información: Convocatoria

