ÚLTIMAS NOVAS
- Avances Recentes en Modelos M-Cuantil para a Estimación en Áreas Pequenas
- Convocatorias abertas de financiación estatal e autonómica
- VIBASS 8: Escola de Verán Internacional en Estatística Bayesiana de Valencia
- Seminario web Statistical Modeling for Scientists and Engineers
- Seminarios web do International Statistical Institute (ISI)
Acceso socios
Contratos en prácticas do programa JAE
A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, no marco do programa “Junta para la Ampliación de Estudios (JAE)” convoca concurso para a formalización de 218 contratos de 2 anos de duración, con destino en distintos centros e institutos do CSIC, de persoal técnico de investigación mediante a modalidade de contrato en prácticas (BOE nº 78 do 1 de abril de 2011).
A convocatoria inclúe 9 prazas para licenciados en matemáticas, unha delas para o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo: "Xestión e análise estatístico de datos oceanográficos e ecofisiolóxicos".
Presentación de solicitudes: ata o 16 de maio de 2011
Máis información: BOE78-01042011