O Instituto de Estatística, Bioestatística e Ciencias Actuariais (ISBA) da Universidad Católica de Lovaina, Louvain-la-Neuve, Bélgica, ofrece unha praza a tempo completo de investigación postdoutoral, a partir de xuño de 2011.
Descrición: a praza está relacionada co proxecto de investigación "Inferencia semiparamétrica para supervivencia e Modelos Cure", cos investigadores Prof. Anouar El Ghouch, Prof. Heuchenne Cédric, Prof. Catherine Legrand e Prof. Ingrid Van Keilegom. Este proxecto está orientado aos campos de Análise de Supervivencia, Estatística non paramétrica e semiparamétrica, datos de duración e modelos de risco competitivos.
Espérase que o candidato traballe nos temas mencionados.
Duración: un ano.
Salario: Arredor de 2.000 euros ao mes libres de impostos.
Requisitos: Doutorado en Estatística ou Matemáticas.
Enviar a seguinte documentación á administradora do ISBA, Nancy Guillaume (
- Unha carta de motivación
- Currículum vitae
- Lista de cursos no programa de doutorado cos graos correspondentes
- Lista de publicacións
- Copia de diplomas
- Polo menos unha carta de recomendación que deberá ser enviada directamente por e-mail do referee
Só se considerarán as solicitudes debidamente cumprimentadas.
Mais información: Oferta

