Axencia Turismo de Galicia - bolsas de formación práctica en diversas áreas durante os anos 2018 e 2019

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2018 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas durante os anos 2018 e 2019, e se procede á súa convocatoria.

Nove (9) bolsas de formación práctica en diversas áreas da Axencia Turismo de Galicia durante os anos 2018 e 2019.

  • Oito (8) bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na oficina de turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos), 1 bolsa na oficina de turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino), 1 bolsa na oficina de turismo da Coruña, 1 bolsa na oficina de turismo de Pontevedra, 1 bolsa na oficina de turismo de Vigo, 1 bolsa na oficina de turismo de Lugo, 1 bolsa na oficina de turismo de Ourense.
  • Unha (1) bolsa de formación práctica especializada na área de estudos e investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).

Información aos interesados:
1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia:
http://www.turismo.gal/canle-institucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios.
b) O teléfono 981 54 74 06 ou o enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
c) Presencialmente: Axencia Turismo de Galicia, Área de Calidade e Proxectos Europeos, estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela.

2. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas relacionadas coa presentación de formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Máis información

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates