Contrato Pre-doutoral

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo ofrece contrato pre-doutoral para realizar unha tese de doutoramento. A tese encadrarase nunha das liñas de investigación do grupo SiDOR (inferencia non paramétrica, regresión semiparamétrica e non paramétrica, análise de supervivencia, teoría de xogos, teoría da decisión, investigación operativa etc.).

Para dito posto requírese formación específica (Licenciatura, Máster, etc.) da área de Estatística e Investigación Operativa que dea acceso ao Programa de Doutoramento “Estatística e Investigación de Operacións” da Universidade de Vigo, coñecementos avanzados de programación, manexo de software estatístico, e bo nivel de inglés falado e escrito.

As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. a co seguinte asunto: Praza Pre-doutoral SiDOR.
Achegarase expediente académico de grao/licenciatura e máster e CV.

O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 12 de febreiro de 2018.

Máis información dispoñible na Oferta de Traballo

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates