Axudas para contratos para a formación de investigadores en empresas 2017 (Doutoramentos Industriais)

Aberto ata o 8 de febreiro de 2018 o prazo de solicitude das axudas para contratos para a formación de investigadores en empresas 2017 (Doutoramentos Industriais) do Programa Estatal de Promoción do Talento e a o súa Empleabilidade en I+D+i.

  • As axudas teñen como obxectivo a formación de doutores en empresas mediante a cofinanciación dos contratos laborais do persoal investigador en formación que participen nun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que se desenvolva na empresa, no que se enmarcará a súa tese doutoral.
  • O proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental pódese executar na súa totalidade na empresa ou en colaboración entre a empresa e outra entidade, pública ou privada.
  • As axudas comprenderán tres conceptos: a axuda para o financiamento dos contratos, a axuda para a realización de estancias en entidades de I+D e a axudas para financiar os gastos de matrícula nos ensinos de doutoramento. As axudas terán unha duración máxima de catro anos.

Máis información

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates