Técnico de Valorización de Software

Infórmase da apertura da convocatoria para un Contrato de Técnico de Valorización de Software desde o Grupo de Investigación SiDOR ( Statistical Inference, Decision and Operations Research), no marco da súa actividade na Rede Tecnolóxica de Matemática Industrial (TMATI), cofinanciado a través das axudas de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (convocatoria 2016).

Características do posto ofertado:
- Duración: 6 meses.
- Inicio previsto de contrato: 9 de marzo de 2018.
- Salario: 1.722,31€ brutos/mes.
- Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario As Lagoas- Marcosende (Vigo).

Presentación de candidaturas:
- Mediante correo electrónico dirixido a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando no asunto: Praza SiDOR: Técnico Valorización Software.
- Documentación: carta de presentación, expediente académico, CV e documentación acreditativa dous méritos recollidos nel.
- Prazo de presentación de candidaturas: ata as 14:00 horas do 19 de febreiro de 2018.

Máis información dispoñible na web de SiDOR.

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates