Técnico superior de investigación

A principal función da persoa contratada será a de prestar asesoría e apoio metodolóxico e estatístico aos proxectos e estudos de investigación que leven a cabo dentro das liñas de investigación estratéxicas do Instituto. De maneira resumida, as tarefas para realizar serán as seguintes:

  • Asesoramento metodolóxico no deseño de proxectos de investigación.
  • Asesoría na redacción e revisión de manuscritos de carácter científico.
  • Asesoría na análise de datos e interpretación de resultados.
  • Asesoría sobre a comunicación e difusión científica. 

Tipo de contrato e duración: Contrato temporal por obra e servizo determinado de 12 meses de duración, renovable.
Centro de traballo: Hospital Álvaro Cunqueiro ( EOXI de Vigo).
Xornada Laboral: A tempo completo (37,5 h. semanais), de luns a venres.
Salario: A convir, segundo méritos e experiencia. Incorporación: Inmediata, unha vez superado o proceso de selección.

As personas interesadas deben enviar CV actualizado e carta de motivación, antes do día 23/02/2018, ao enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. poñendo no asunto a referencia indicada (Ref: IISG/18-5).

Máis información

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates