Oferta PostDoc de 2.5 anos en Inventario Forestal e Estatística de Mostraxe

O Equipo de Modelización e Inventario Forestal da Unidade de Xestión Forestal e Ambiental Sostible (UXAFORES, https://www.uxafores.com/) da Universidade de Santiago de Compostela (Lugo, España) está a procurar candidatos independentes, creativos e con fortes habilidades de colaboración cun doutoramento en inventario forestal ou estatística de mostraxe, con experiencia en inventario forestal e/ou deseño e implementación de mostraxes a gran escala,  teledetección e programación.  Idealmente, o candidato debería ter Grao (Diplomatura ou Enxeñería Técnica) ou Máster (Licenciatura ou Enxeñería Superior) en Ciencias Forestais, Matemáticas, Estatística, Xeografía ou disciplinas relacionadas. 

Buscamos candidatos PostDoc creativos e altamente motivados para unirse ao Equipo de Modelización e Inventario Forestal da Unidade de Xestión Forestal e Ambiental Sostible (UXAFORES, https://www.uxafores.com/) da Universidade de Santiago de Compostela (Lugo, España). Dátaa tentativa de incorporación é agosto de 2020, aínda que hai certa flexibilidade.

Establécese un contrato de proba de 6 meses, prorrogable ata 2.5 anos. 

Os candidatos interesados deberán enviar os seguintes documentos á dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.:

  • Carta de presentación;
  • Currículo;
  • Lista de publicacións;
  • Datos de contacto de polo menos dous mentores.

Data límite para as solicitudes: 30 de abril de 2020.

 

A solicitude completarase mediante o portal de oferta de emprego da USC, para o que serán necesarios trámites e documentación adicionais ao descrito anteriormente.

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates