O candidato participará na definición, implementación e desenvolvemento de proxectos transversais de ámbito europeo e de base tecnolóxica no sector sanitario:
- Encargarase da execución de proxectos de innovación en marcha garantindo a súa viabilidade técnica, cumprimento de fitos, corrección de desviacións, asegurando a calidade e o progreso do plan de traballo fixado e a execución correcta dos entregables acordados.
- Participará reunións de consorcios de proxectos.
- Elaborará dos principais entregables dos proxectos.
- Colaborará na definición de proxectos de innovación colaborando con socios funcionais (médicos, radiólogos, patólogos, etc) e tecnolóxicos participando na preparación de propostas nacionais e europeas para a consecución de financiamento público para a execución destes proxectos.
Estudos requiridos:
- Grao de doutor en ciencias da saúde
- Licenciatura en bioinformática, matemáticas, enxeñería, bioloxía Experiencia e capacidades desexadas
- Experiencia en desenvolvemento de modelos multimodales de intelixencia artificial
- Experiencia no manexo de datos ómicos (xenómica, proteómica, etc)
- Experiencia na resolución de problemas empregando técnicas baseadas en datos.
- Experiencia en uso de linguaxes de programación ( SAS, R, Python…)
- Experiencia no uso de ferramentas de recoñecemento de patróns, preparación e visualización de datos, manexo de datos non estruturados.
- Experiencia en investigación en saúde Idiomas, actitudes, inquietudes etc.
- Español e inglés avanzado.
Proxectos asociados á candidatura
- O proxecto HUTER (Human Uterus Cell Atlas) finánciase través do programa Horizon 2020 e ten como obxectivo a creación dun mapa celular do útero humano para comprender, célula a célula, todas as relacións e cambios xenéticos e proteómicos, incluíndo información espacial, involucrados neste importante órgano.
O proxecto CHAIMELEON tamén se financia a través do programa Horizon 2020 e ten como obxectivo a creación dun gran repositorio de imaxes médica oncolóxicas (máis de 10 millóns de entradas) para o desenvolvemento de biomarcadores dixitais e algoritmos de IA destinados a ciberseguridade. Baía Software encárgase da a harmonización do repositorio e o desenvolvemento de ferramentas de apoio á investigación baseada nun motor de simulación multimodal que permita relacionar variables relacionadas co cancro.
Contacto e candidaturas:
Envío de CVs a

