Oferta de traballo: Dous contratos predoutorais

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece dous contratos predoutorais para realizar a tese de doutoramento. A tese encadrarase nunha das liñas de investigación do grupo SiDOR (inferencia non paramétrica, regresión semiparamétrica e non paramétrica, análise de supervivencia, teoría de xogos, teoría da decisión, investigación operativa etc.).
A investigación do SiDOR está financiada por proxectos do Ministerio de Ciencia e Innovación. Investigadores principales: Jacobo de Uña e Juan Carlos Pardo (Estatística; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), Gloria Fiestras (Investigación Operativa, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.). Os interesados poden contactar con eles para ampliar información.

Requisitos:
- Formación específica (licenciatura, mestrado etc.) na área de Estatística e Investigación Operativa que dea acceso ao Programa de Doutoramento “Estatística e Investigación de Operacións” da Universidade de Vigo. Graduados con polo menos 60 ECTS superados a nivel de Mestrado na área de Estatística e Investigación Operativa cumpren este requisito.
- Coñecementos de programación. Manexo de software estatístico.
- Bo nivel de inglés falado e escrito.

Criterios de valoración:
- Expediente académico de grao/licenciatura e de mestrado. Curriculum vitae.
- Entrevista persoal.

Descrición do traballo:
- Salario bruto: 1250 euros/mes.
- Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana.
- Duración do contrato: 32 meses.
- Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e/ou CINBIO. Campus Universitario Lagoas-Marcosende (Vigo).
- Os candidatos seleccionados comprométense a concurrir a convocatorias predoutorais públicas (FPU, FPI, Xunta de Galicia, Universidade de Vigo, etc).

Presentación de solicitudes e prazo:
- Correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. con tema: Praza Predoctoral SiDOR.
- Achegar carta de presentación, expediente académico de grao/licenciatura e mestrado e CV.
- Prazo: ata as 14:00 horas (CET) do 29 de xaneiro de 2021.

Entrevistas persoais e resolución:
- Os candidatos preseleccionados serán convocados a unha entrevista persoal. Non se manterá correspondencia co resto dos solicitantes.
- Data prevista de inicio do contrato: 1 de marzo de 2021.

2021  SGAPEIO   globbers joomla templates