ÚLTIMAS NOVAS
- Prazas no grupo BCAM IKERBASQUE
- Convocatoria contrato de predoutoramento na Universidade de Deusto
- Oferta de traballo para xestor de valorización tecnolóxica en math-in
- Prazas de profesor Contratado Doutor e de Axudante Doutor na UAM
- Bolsas Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais Fundación BBVA
Acceso socios
Contrato de doutor/a na Universidade do Minho
Vense de abrir o concurso, de ámbito internacional, para a contratación, na modalidade de contrato de traballo indefinido (a termo incerto) segundo o Código do Trabalho de Portugal, de un doutor/a para o exercicio de actividades de investigación científica no Centro de Matemática da Universidade do Minho nas seguintes áreas: Álxebra, Lóxica, Análise, Xeometría, Topoloxía, Probabilidades, Estatística e Investigación de Operacións.
Data límite para a presentación de solicitudes: 28 de xaneiro de 2021.
As candidaturas deberán ser formalizadas de acordo coa convocatoria dispoñible no sitio web http://www.cmat.uminho.pt/Default.aspx?lang=en-US.